Skip to Content

RECOMENDACIÓNS SOBRE O CORONAVIRUS

Estimadas familias.

Ante a situación de suspensión das actividades lectivas, queremos lembrar algunhas das recomendacións para tratar de evitar a expansión do corona virus. Nos gustaría telo feito dende o centro co alumnado pero a comunicación da suspensión das actividades lectivas pillounos por sorpresa e sen tempo de reacción.

A medida da supresión das actividades lectivas ten como finalidade evitar que o alumnado faga de transmisor do coronavirus. polo que é de sentido común evitar que os nenos e nenas esteán en contacto entre eles e  sobre todo con persoas de fora do ámbito familiar. Sería polo tanto aconsellable evitar as viaxes fora, acudir a centros comerciais, bares, cines,... e parques infantís. Pensade que está a retornar moita xente de fora, moitos deles procedentes de Madrid, por exemplo. Para ires facer a compra podemos evitar ir todos/as.

Recomendamos tamén o lavado das mans con frecuencia, con xabrón, durante 40 segundos alomenos e repasando ben toda a man.

Evitar tocarse a boca, os ollos e o nariz.

Ao tusir cubrirse a boca cun pano desbotable ou facelo contra o cóbado flexionado.

Evitar centros de saúde e hospitais na medida do posible.

En caso de ter contacto con persoas procedentes de zonas con alta incidencia da afección extremar as precaucións e estar atentos á sintomatoloxía.

En caso de síntomas (febre, tos seca, dificultades para respirar) dalgún membro da familia, contacta con número habilitado para elo: 900400016 ou 061 e seguir as indicacións. É importante sempre avisar da posible infección para que as autoridades sanitarias poidan tomar medidas contra a expansión na nosa contorna.

Lembramos que os expertos inciden na importancia no control da expansión do coronavirus, non só pola infección a que estamos expostos, pois o problema está tamén na saturación dos servizos sanitarios que pode levar ao colapso, polo que é responsabilidade de todos tomar medidas de precaución.

Lembramos que o centro permanecerá aberto para cuestións administrativas.

Calquera dúbida poden chamar directamente ao 881866795, número da dirección que estará desviado ao teléfono do director.

 

 



page | by Dr. Radut