Skip to Content

Abalar Móbil pide contrasinal

Estimadas familias. 

Un dos erros que sóe dar ABALAR MÓBIL é que non entendemos que nos pida contrasinal. Isto acontece porque en vez de pechar ABALAR lle demos a sair, e polo tanto, para voltar a conectarnos nos pide unha contrasinal. Se non lembramos o contrasinal temos que clicar no seguinte link que pon algo como "esquecín o contrasinal" ou "recordar contrasinal", e unha vez clicado abriranos unha nova fiestra onde nos pide un código, que recibiremos de seguido nunha mensaxe no móbil. Introducir o número de seis díxitos e teremos que crear unha nova contrasinal e confirmala. Poñede unha que vos sexa doado de lembrar.

Esperamos que solucione algún que outro problema, xa que será unha ferramenta que empreguemos moito neste confinamento.

Un saúdo

ACTIVIDADES INGLÉS (16 a 30 de marzo)

 

Pinchade no voso libro e veredes as tarefas recomendadas para estes días

RECOMENDACIÓNS SOBRE O CORONAVIRUS

Estimadas familias.

Ante a situación de suspensión das actividades lectivas, queremos lembrar algunhas das recomendacións para tratar de evitar a expansión do corona virus. Nos gustaría telo feito dende o centro co alumnado pero a comunicación da suspensión das actividades lectivas pillounos por sorpresa e sen tempo de reacción.

A medida da supresión das actividades lectivas ten como finalidade evitar que o alumnado faga de transmisor do coronavirus. polo que é de sentido común evitar que os nenos e nenas esteán en contacto entre eles e  sobre todo con persoas de fora do ámbito familiar. Sería polo tanto aconsellable evitar as viaxes fora, acudir a centros comerciais, bares, cines,... e parques infantís. Pensade que está a retornar moita xente de fora, moitos deles procedentes de Madrid, por exemplo. Para ires facer a compra podemos evitar ir todos/as.

Recomendamos tamén o lavado das mans con frecuencia, con xabrón, durante 40 segundos alomenos e repasando ben toda a man.

Evitar tocarse a boca, os ollos e o nariz.

Ao tusir cubrirse a boca cun pano desbotable ou facelo contra o cóbado flexionado.

Evitar centros de saúde e hospitais na medida do posible.

En caso de ter contacto con persoas procedentes de zonas con alta incidencia da afección extremar as precaucións e estar atentos á sintomatoloxía.

En caso de síntomas (febre, tos seca, dificultades para respirar) dalgún membro da familia, contacta con número habilitado para elo: 900400016 ou 061 e seguir as indicacións. É importante sempre avisar da posible infección para que as autoridades sanitarias poidan tomar medidas contra a expansión na nosa contorna.

Lembramos que os expertos inciden na importancia no control da expansión do coronavirus, non só pola infección a que estamos expostos, pois o problema está tamén na saturación dos servizos sanitarios que pode levar ao colapso, polo que é responsabilidade de todos tomar medidas de precaución.

Lembramos que o centro permanecerá aberto para cuestións administrativas.

Calquera dúbida poden chamar directamente ao 881866795, número da dirección que estará desviado ao teléfono do director.

 

 

Escola de Nais e Pais - Charla Coloquio

Este mércores terá lugar a charla coloquio aprazada do 31 de xaneiro da Escola de Nais e Pais. Recomendamos a asistencia.

 

Proceso de admisión de alumnado curso 2020-2021

Informamos que a partires do día 1 de marzo e ata o día 23 do mesmo mes, estará aberto o prazo de admisión para novo alumnado nos centros públicos galegos.

Teñen máis información neste link á aplicación para a realización de dito proceso online (con acreditación dixital), ou ven poden descargar o formulario e entregalo no centro neste outro link: FORMULARIO SOLICITUDE DE ADMISIÓN  2020-2021.

Queremos salientar a importancia deste procedemento, pois a oferta para algúns dos niveis é pouca e de superaren a demanda, como no caso de 4º de Educación Infantil, estaríase en prazo de solicitar unha terceira unidade. Clik para consultar as vacantes.

A dirección

Novidades Abalar Móbil

Dispoñibles novas funcionalidades de comunicación en abalarMóbil

 

Desde o pasado mes de novembro, a aplicación abalarMóbil, que está dispoñible para os pais, nais e titores/as legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos, dispón novas canles de comunicación a través da mensaxería  nas súas tres opcións: privada, difusión para grupos e salas
 
A través deste novo servizo o profesorado poderá enviar unha mensaxe ás persoas responsables do alumnado, tanto de xeito individual como dun grupo completo e, opcionalmente, poderá permitir que as persoas responsables respondan á mensaxe iniciando así unha conversa con elas.
 
Desta forma, coas mensaxes privadas ou de difusión para grupos enviadas polo profesorado, as persoas responsables van poder comunicarse mantendo a privacidade. A única diferenza é que o profesorado vai poder personalizar os contidos, no caso da mensaxe privada, ou notificacións de interese para todo o grupo, no caso da difusión.
 
Pola súa parte, as mensaxes tipo sala, permiten crear novas comunicacións dirixidas ás persoas responsables do alumnado. Neste caso a selección faise por grupos completos e as respostas que se envían son visualizadas por cada integrante da sala que teña aceptado participar no chat.
 
Unha vez enviada a mensaxe, as persoas responsables que estean subscritas ás notificacións recibirán avisos push nos seus dispositivos móbiles.
 
Con estas novas funcionalidades preténdense abrir novas canles de comunicación entre o profesorado e as persoas responsables do alumnado.
 
Este novo servizo está dispoñible a partir da versión 1.3.3 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como iOS
 
Os usuarios que descarguen a aplicación van poder seguir consultando desde o seu dispositivo móbil as cualificacións, os horarios e materias, os avisos e incidencias, as faltas de conduta, así como a solicitude de citas de titoría ou a  xustificación das faltas de asistencia se o profesorado activa estas dúas funcionalidades.

O ESPAZO ABALAR

ESPAZO ABALAR, é unha ferramenta web que permite acceder a datos relativos á escolarización dos fillos e fillas ás familias. Diferénciase do ABALAR MÓBIL en que é máis amplo e permite máis funcións, pero precisamos dalgún método de identificación para acceder: DNIe ou certificado FNMT

Pódese descargar un manual neste link

Entroido 2020

Xa está chegando o Entroido.

Comezamos a semana cos mandados. Lembrade que son acumulativos.

Como este anos somos Carnosáns...

 

Día da Paz

RECEITAS PARA A PAZ

Día Internacional da discapacidade

25 de novembro: Non é Non

Lecturas 25N

Con motivo do 25N, dende a Biblioteca animámosvos a participar. Tedes AQUÍ a información.

Samaín e magosto 2019

Un día de xogos castañas e... un tempo de medo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut