A Deputación da Coruña acaba de facer público o fallo dos premios Concepción Arenal de proxectos educativos para a igualdade de xénero e este centro foi o gañador na modalidade de infantil. O noso proxecto "Sementando a igualdade no rural" convenceu ao xurado pola implicación de toda a comunidade educativa e doutras entidades da contorna.