A Deputación da Coruña acaba de facer público o fallo dos premios Concepción Arenal de proxectos educativos para a igualdade de xénero e este centro foi o gañador na modalidade de infantil. O noso proxecto "Sementando a igualdade no rural" convenceu ao xurado pola implicación de toda a comunidade educativa e doutras entidades da contorna.
Cosideramos este premio un recoñecemento do traballo que se fai día a día nas aulas de educación infatil e educación primaria, e seguiremos traballando todo o equipo de mestras/es do colexio a prol da igualdade de xénero . Estamos moi agradecidas/os polo recoñecemento que a Diputación da Coruña fixo ao noso colexio.
Para ver a nova tanto na páxina da Diputación da Coruña como nos xornais, picade nas seguintes imaxes.
Centros de ensino de Coristanco, Ferrol e Pontedeume gañan os premios Concepción Arenal de proxectos educativos pola igualdade de xénero da Deputación da Coruña
As boas cousas que dá a educación
Tres centros coruñeses ganan los premios Concepción Arenal