Skip to Content

INSTRUCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS SOBRE DESENVOLVEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2021-2022

 

Proceso de admisión e prazos

 a)  O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), nos prazos que determina a Disposición Adicional Primeira da Orde do 12 de marzo de 2013.

b)  O prazo de presentación das solicitudes de reserva para un centro de adscrición abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos.

c)  O prazo de presentación das solicitudes ordinarias de admisión abranguerá do día 1 ao 22 de marzo de 2021, ambos incluídos.

d)  As instancias presentadas entre o 23 de marzo e o 18 de maio, ambos incluídos, serán consideradas fóra de prazo. 

 

Solicitudes

a)  As solicitudes deste proceso realizaranse mediante os modelos anexo I e II, respectivamente (códigos de procedemento ED550A e ED550B). Os formularios poderán cumprimentarse na aplicación admisionalumnado, ou ser descargados e cumprimentados de forma manual polas familias.

b)  Tamén se poderán descargar, e logo cumprimentar, da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, na dirección https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849 ou na páxina web do centro, na dirección http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampomaior

c)  O centro educativo facilitará, de forma gratuíta, unha copia en papel dos formularios ás persoas interesadas que a soliciten.

d)  Os centros tramitarán igualmente as solicitudes que reciban en prazo respecto de niveis educativos nos que inicialmente non existan vacantes.

Formalización das solicitudes

a)  A solicitude será única e poderase presentar de forma presencial no centro educativo que a rexistrará, ou de forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado.

A solicitude presentada nun centro educativo poderá anularse mediante a presentación dunha nova, indicando expresamente por escrito que quedan sen efecto a/s presentada/s con anterioridade. A renuncia á solicitude de reserva de prazas nun centro de adscrición poderá presentarse ata o día 28 de febreiro de 2021; a renuncia a unha solicitude de admisión rexistrada nun centro só se admitirá ata o último día do prazo de presentación de solicitudes.

Logo do remate dos prazos indicados a solicitude será vinculante. A duplicidade de solicitudes determinará a escolarización da/o alumna/o conforme ao procedemento subsidiario regulado no Capítulo IV da Orde.

b)  A solicitude será asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

De constatarse no expediente a separación ou divorcio dos proxenitores coa patria potestade compartida e a existencia dunha soa sinatura na solicitude, deberase requirir á proxenitora ou ao proxenitor que a presentou que subsane a deficiencia ou, se é o caso, xustifique o motivo da omisión por calquera medio de proba admitido en dereito.

De existir unha discrepancia formulada expresamente por escrito pola proxenitora ou polo proxenitor que non asine, non se paralizará o expediente, sen prexuízo de que os feitos se poñan en coñecemento da xefatura territorial para o seu traslado, se é o caso, ao Ministerio Fiscal.

En espera da decisión xudicial, escolarizarase de forma cautelar ao menor no centro docente que corresponda, tendo en conta a solicitude formulada pola proxenitora ou o proxenitor que teña atribuída a garda e custodia e con quen conviva de forma habitual.

 

 

 

AnexoTamaño
ED550A-C_2021_2022.pdf1.33 MB
ED550A-G_2021_2022.pdf1.33 MB


book | by Dr. Radut