Skip to Content

Ata o 22 de Xuño: Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2022/23

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EPESO e EE en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Prazo para presentar solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 (incluído).

As solicitudes pódense presentar electrónicamente na aplicación Fondo Libros ou de forma presencial no centro, utilizando o anexo I e o anexo II da orde de convocatoria.

As modalidades de gratuidade solidaria ás que pode ter dereito o alumnado matriculado en centros docentes da CCAA de Galicia sostidos con fondos públicos son as seguintes:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Ed Primaria, ESO e EE. 

*Recoméndase ás familias que consulten o artigo 3 da convocatoria para poder calcular se teñen dereito a recibir as axudas:

"Artigo 3. Renda per cápita da unidade familiar

1. Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2020 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

2. A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2020, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. 

3. Nos casos de violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar, non se terán en conta os ingresos deste para determinar a renda per cápita da unidade familiar.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

- Solicitude segundo o Anexo I.

- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

-  Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

*Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

        * Certificado ou volante de convivencia.

       * Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

- Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.

 

Comprobación de datos: Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo I e achegar unha copia dos documentos.

 -  DNI ou NIE da persoa solicitante.

 -  DNI ou NIE da persoa representante.

 Marque o recadro correspondente no Anexo I para sinalar as circunstancias que lle sexa de aplicación: 

 -  Certificado de discapacidade expedido pola Administración autonómica.

 - Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clase pasivas. 

Consentimento para a comprobación de datos.  A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente: 

 - Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou certificado tributario de imputacións do exercicio 2020.

   

A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PODESE FACER VÍA TELEMÁTICA NO SEGUINTE ENDEREZO:

  

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

  DE FORMA PRESENCIAL, EN ADMINISTRACIÓN DO PROPIO CENTRO EDUCATIVO, NO HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS:

 

De 09:30 A 11:30

e de 12:00 A 14:30

 

IMPORTANTE:  A falta de devolución dos libros de texto  e do material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2021/22 ANTES DO 20 DE XUÑO DE 2022  será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2022/23. 

 

 Pode consultarse e descargarse toda a información nos seguintes enlaces.

 

 

AnexoTamaño
Convocatoria.DOG Fondo libros.pdf1.11 MB
Extracto DOG fondo libros.pdf433.8 KB
Anexo I Galego fondolibros.pdf1.54 MB
Anexo II Galego fondolibros.pdf233.66 KB
Anexo I Castelán fondolibros.pdf1.54 MB
Anexo II Castelán fondolibros.pdf991.52 KB
Instrucciónsfondolibros_axudaslibros_materialescolar2022-23.pdf384.89 KB


book | by Dr. Radut