Skip to Content

Calendario escolar

CALENDARIO ESCOLAR 2023/24

Na web da Consellería de Educación aparece publicada a ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

As actividades lectivas realizaranse do  11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024, ambos inclusive.

As vacacións de Nadal serán desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive.

O Entroido será os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

As vacacións de Semana Santa serán desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos inclusive.

O Día do Ensino (non lectivo) celebrarase o 7 de decembro de 2023.

Os 2 días non lectivos de libre disposición (artigo 7.2 da Orde) propostos polos colexios de Pontevedra, aínda non fóron fixados.

 

Calendario escolar 2022/23

Na web da Consellería de Educación aparece publicada a ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

As actividades lectivas realizaranse do  8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.

As vacacións de Nadal serán desde o día 23 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.

O Entroido será os días 20, 21 e 22 de febreiro de 2023.

As vacacións de Semana Santa serán desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.

O Día do Ensino (non lectivo) celebrarase o 31 de outubro de 2022.

Os días non lectivos de libre disposición do centro propostos para este curso á  Inspección Educativa son o 5 de decembro de 2022 e o 2 de maio de 2023.

 

 

 

 

 

 

 
 
 
 
 



 

Distribuir contido


by Dr. Radut