Na web da Consellería de Educación aparece publicada a ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
As actividades lectivas realizaranse do 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.
As vacacións de Nadal serán desde o día 23 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.
O Entroido será os días 20, 21 e 22 de febreiro de 2023.
As vacacións de Semana Santa serán desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.
O Día do Ensino (non lectivo) celebrarase o 31 de outubro de 2022.
Os días non lectivos de libre disposición do centro propostos para este curso á Inspección Educativa son o 5 de decembro de 2022 e o 2 de maio de 2023.