Skip to Content

RESERVA DE PRAZA NO IES TORRENTE BALLESTER

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024 abriuse o prazo para que o alumnado de 6º reserve praza para o curso 2024/25 no instituto Torrente Ballester .

Se desexan que os seus fillos cursen 1º de ESO nese centro deberán cubrir  o impreso de reserva (Anexo I en Castelán – ED550A) ou (Anexo I en Galego – ED550A) e presentalo  na secretaría do CEIP Cabanas. (*)

Habitualmente o IES Torrente Ballester ten prazas suficientes para acoller a todo o alumnado dos centros adscritos. Se este ano ocorre o mesmo, unha vez entregado este impreso de reserva xa se considerarán admitidos e só deberán formalizar a matrícula a finais de curso no instituto.

Se teñen a reserva aceptada no IES Torrente Ballester NON PODERÁN solicitar a admisión noutro centro. Para facelo deberán renunciar previamente por escrito á praza reservada (antes do 28 de febreiro).

O prazo para facer a solicitude noutro instituto distinto abrirase do 1 ao 20 de marzo.

Normativa aplicable:

Decreto 13/2022 do 3 de febreiro (DOG 11 de febreiro de 2022)

Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 8 de novembro de 2022)

Orde do 26 de maio de 2023 (DOG 13 de xuño de 2023)

Máis información no colexio, na web da Consellería de Educación ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 (*) Este impreso tamén pode cumprimentarse en internet na aplicación admisiónalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) para logo entregalo no centro ou realizar todo o proceso telemáticamente con certificado dixital ou coa Chave365 na sede electrónica.



page | by Dr. Radut