EDUCACIÓN FÍSICA e PLÁSTICA 3º e 4º - XOGOS TRADICIONAIS II

EDUCACIÓN FÍSICA E PLÁSTICA

XOGOS TRADICIONAIS II - LETRAS GALEGAS

(Do 14 ao 28 de maio)

 

 

 

Tags: EU FICO NA CASA, Letras Galegas, PLAN PROXECTA, Presentación, VIDA ACTIVA, Xogade, Xogos tradicionais, 3º de E. Primaria, 4º de E. Primaria, Educación física, Sección Bilingüe

EDUCACIÓN FÍSICA E PLÁSTICA 1º e 2º (Do 11 ao 24 de maio)

EDUCACIÓN FÍSICA E PLÁSTICA 1º e 2º

XOGOS TRADICIONAIS II - LETRAS GALEGAS

(Do 11 ao 24 de maio)

Tags: EU FICO NA CASA, PLAN PROXECTA, Presentación, VIDA ACTIVA, Xogade, Xogos tradicionais, 1º de E. Primaria, 2º de E. Primaria, Educación física, Sección Bilingüe

EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL (Do 11 ao 24 de maio)

EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL

XOGOS TRADICIONAIS II - LETRAS GALEGAS

(Do 11 ao 24 de maio)

Tags: 4º de E. I., EU FICO NA CASA, PLAN PROXECTA, Presentación, VIDA ACTIVA, Xogade, Xogos tradicionais, 5º de E. I., 6º de E. I., Educación física

EDUCACIÓN FÍSICA 1º e 2º (Semana do 4 ao 10 de maio)

EDUCACIÓN FÍSICA 1º E 2º _ XOGOS TRADICIONAIS

(Semana do 4 ao 10 de maio)

 

Esta semana vamos a recordar algúns xogos tradicionais de Galicia.

Os xogos tradicionais son aqueles que se transmiten de xeración en xeración, por iso o primeiro que debedes realizar é unha pequena ficha sobre un xogo ao que xogaba algunha das persoas maiores coas que vives.

Escribe nunha folla os seguintes datos e cúbreos:

Nome e curso:

Nome do xogo:

Materiais necesarios:

Explica como se xoga (regras, lugar onde se xoga,…):

Foto ou debuxo xogando:

Cubre estos datos nunha folla, sácalle unha foto e envíama de volta.

 

Agora vamos a realizar un pouco de exercicio físico:

-          Comezamos quecendo os músculos coa música “Brinca Vai!” de Paco Nogueiras:https://youtu.be/jI7f65ZWfm0

 

-          Logo practicamos algún xogo tradicional. Escolle os que queiras:

o   Mariola: https://youtu.be/RvnjOwGB3Mo

o   Saltar á corda: https://youtu.be/DgIuBRU2a-c

o   Sete e medio: https://youtu.be/a62gY2-SC20

o   Xogos coa goma, por exemplo “Chicle”: https://youtu.be/8ZnljrmaUks

o   As chapas: https://youtu.be/qD-vM89phsE

Escríbeme ou envíame unha foto do que máis che gustara.

 

-      Por último, relaxámonos facendo un pouco de ioga. (Lembrades que na clase de emocional estabamos traballando a atención e unha das cousas que faciamos era ioga. O ioga sérvemos para concentrarnos, mellorar a atención, traballar o equilibrio, e moitas cousas máis). A ver se es capaz de facer todas estas posturas: https://youtu.be/u0vTvMh1I04

Escolle unha das postura de ioga, saca unha foto facéndoa e envíama de volta.

 

Saudiños, saúde e móvete moito!

Tags: PLAN PROXECTA, Presentación, VIDA ACTIVA, Xogade, 1º de E. Primaria, 2º de E. Primaria, Educación física

EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL (Semana do 4 ao 10 de maio)

EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL _ XOGOS TRADICIONAIS

 

(Semana do 4 ao 10 de maio)

 

 

 

Esta semana vamos a recordar algúns xogos tradicionais de Galicia.

 

Comezamos quecendo un pouquiño. Como estades traballando sobre o “polo Pepe” imos a xogar ao xogo do “polo”. Lémbraste como é:

 

-          Opción fácil: https://youtu.be/bFN37KKahgA

 

-          Opción menos fácil: https://youtu.be/1x062p2xIsM

 

 

 

Agora seguiremos practicando algún xogo tradicional. Escolle os que queiras e pásao moi ben:

 

-          Mariola: https://youtu.be/RvnjOwGB3Mo

-          Sete e medio: https://youtu.be/a62gY2-SC20

-          As chapas: https://youtu.be/qD-vM89phsE

-          Saltar á corda: https://youtu.be/DgIuBRU2a-c (Para Infantil os xogos do final do vídeo: o reloxo, a serpe ou, o alumnado de 4 e 5 anos poden saltar se hai 2 persoas para darlle á corda, xa que a maioría xa é quen de saltar así).

-  

 

 

Por último, relaxámonos. Podes realizar os estiramentos da semana pasada (https://youtu.be/YH9Q82EWsbs) ou intentar facer estas posturas de ioga: https://youtu.be/u0vTvMh1I04

 

 

 

Saudiños, saúde e móvete moito!

 

 

Tags: 4º de E. I., PLAN PROXECTA, Presentación, VIDA ACTIVA, Xogade, 5º de E. I., 6º de E. I., Educación física

EDUCACIÓN FÍSICA 3º e 4º (30 de abril)

EDUCACIÓN FÍSICA 3º E 4º

(Clase do 30 de abril)

 

Nesta sesión imos a rematar coas actividades relacionadas coa “muiñeira hip hop”.

 

Comezamos quecendo:https://youtu.be/IH2ZbU2i9qI  (Imítame para quentar os músculos e prepararnos para os exercicios)

 

Agora vamos a facer equilibrios e xiros:

-         Equilibrio 1: https://youtu.be/GI944XCTL3E  (Imítame e se podes grava un vídeo e envíamo de volta).

-         Equilibrio 2: Inventa un equilibrio e envíame un vídeo, se podes.

-          Xiro 1: https://youtu.be/cmNNkkTxqmc  (Imítame e se podes grava un vídeo e envíamo de volta).

-          Xiro 2: Inventa un xiro e envíamo, se podes.

Tes ata o 5 de maio para enviarme os vídeos.

 

Por último, estiramos un pouco. Sígueme! https://youtu.be/qft7Spb5KG4

 

 

Saúdos, saúde e móvete moito!

Carmen

 

 

 

Tags: EU FICO NA CASA, Presentación, VIDA ACTIVA, 3º de E. Primaria, 4º de E. Primaria, Educación física