DIA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Bo día familias.

O día 2 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil , data de nacemento do escritor Hans Christian Andersen, co obxectivo de promocionar a lectura entre os pequechos e pequechas.

A sección patricinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras. 

GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de  Héctor Cajaraville. 

 

Desde o equipo de biblioteca animamos a todos e todas a enviar RECOMENDACIÓNS LECTORAS dos vosos libros favoritos. Cómo o facemos ? Mandando un audio ao correo :benchoprofes@gmail.com coa palabra RADIO en ASUNTO.

Na recomendación indicade: título, autor, por qué vos gusta tanto e a idade recomendada. Esperamos impacientes.

Tamén deixamos un enlace a unha serie de contos que distintas editoriais e autores nos ofrecen gratuitamente para facer mais agradable este tempo de confinamento , moitas grazas .

https://drive.google.com/open?id=1UZy5BYBbzKyCdQXpT9D6kdqloZvM92DO

Desexamos que vos atopedes moi ben. Unha aperta.

#todovaisairben

#quédomenacasa