Skip to Content

Información

Xabón natural

Sabedes que podemos fabricar xabón na casa? E incluso que podemos empregar aceite doméstico usado? Velaquí outra forma de reciclaxe.

Con todas as precaucións e mediante un proceso químico chamado "saponificación dunha graxa" o alumnado de 6º aprendeu a fabricar xabón doméstico empregando aceite.

Xa estás os tacos para secar e poder utlizalos. E cheiran fenomenal!

Temos que deixaos secar uns días. No final de curso levaremos un bonito recordo e a experiencia de ter fabricado os nosos propios materiais.

Circuitos LED

Nos obradoiros de Ciencia e STEAM desde mes estivemos a fedellar coa electricidade.

Estivemos a contruir circuitos de LED con condutores de cobre adhesivo e unha pila de 3V como xerador.

Nalgúns casos tivemos que aplicar o método científico pois o experimento non funcionaba e houbo que atopar o erro e proporcionar a solución. Todos e todas marcharon para a casa co seu circuito nun papel.

Xermolos de fabas

Xa están aquí os primeiros xermolos! Pero non se trata dun sementeiro calquera...

A que nunca vistes como medra unha planta dentro da terra? Desde o Club de Ciencia preparamos e repartimos por todas as aulas un sementeiro diferente, feito cunha caixa de CD reciclada, no que podemos observar non só como xermolan as sementes, senón tamén como medran as raíces.

Nuns días estas fabas farán parte da nosa plantación particular.

En primavera, flores

Hoxe unha compañeira trouxo flores que, ademais de destacar pola súa beleza, podemos observar as partes dunha flor.

Puidemos observar perfectamente o pistilo, os estames así como os pétalos e os sépalos. Unha marabilla da natureza.

A tribo dos ecobechos

Quen son os ecobechos? Onde viven? A que se dedican? Son preguntas ás que o alumnado de Infantil deu resposta esta semana coincidindo co contacontos A TRIBO DOS ECOBECHOS do PLAN REVITALIZA.

 

Neste contacontos activo, a rapazada descubriu aspectos relacionados coa compostaxe e o coidado do contorno. Temos que confesar que moitos destes aspectos xa os coñecían xa que no cole de Barrantes estamos moi concienciados co coidado do noso contorno.

Instrumentos musicais

Seguindo os principios da enxeñería e para seguir a desenvolver a Competencia STEAM, o alumnado de 6º estuvo a crear instrumentos musicais con material de reciclaxe.

O instrumento máis replicado foi o pau de auga, pero todos eles teñen un son diferente, cada un coa súa personalidade.

Formiguiñas

Acabamos de adoptar dúas colonias que formiguiñas que imos coidar con moito agarimo. De paso imos observar como se alimentan e se reproducen.

Acabamos de descubrir que son moi ordenadas xa que almacenan e organizan o alimento no interior do formigueiro para a súa mellor conservación, e botan o lixo no exterior para evitar problemas de saúde. E todo este traballo realízano de forma organizada.

Xermolos

A primavera chegou e, con ela, agroman a a vexetación. Xa asoman os primeiros xermolos das plantiñas do alumnado de Infantil.

     

En nada verémolas medrar, florecer e botar os seus froitos no noso horto escolar.

Programación de placas led

O alumnado de 6º estivo estes días a participar dun pequeno obradoiro de programación de placas de led.

A linguaxe de programación é algo que xa coñecen así que nesta ocasión o traballo foi practicamente autónomo.

Cromatismo

Levamos uns días fedellando cos cromatismos. Fixemos sumas de cores e aprendimos que existen (básicamente) dous tipos de cores:

- Cores primarias, que son aquelas que non podemos obter mediante a mestura de ningunha cor.

Estas son: AMARELO AZUL VERMELLO

- Cores secundarias, que se obteñen da mestura das anteriores.

Estas son: VIOLETA VERDE LARANXA 

Este foi o resultado:

Distribuir contido


by Dr. Radut