Skip to Content

Información

Visitamos NATURNOVA

Estes días estamos a ter a gran sorte de poder visitar NATURNOVA, un museo científico no que puidemos coñecer os diferentes tipos de rochas que forman a codia terrestre, o movemento das placas tectónicas, o ciclo da auga, as curiosidades do sistema solar ou a vida dos fondos mariños abordo dunha nave submariña 3D. 

O recanto que máis atención espertou foi o areeiro no que puidemos representar os elementos do relevo coloreados coas súas curvas de nivel. Mesmo fixemos que chovera sobre a nosa representación.

Foio unha visita apaixoante.

Contacontos: A TRIBO DOS ECOBECHOS

O ano novo comeza e nós non paramos!

A semana pasada continuamos cos obradoiros enmarcados dentro do PLAN REVITALIZA.

Desta volta, o alumnado de Infantil participou dun emocionante contacontos titulado A TRIBO DOS ECOBECHOS, unha historia moi activa e dinámica sobre os vermes protagonistas da compostaxe. As crianzas descubriron non só que residuos podemos botar ao compostador (en realidade xa o sabían) senón tamén como se transforman en compost grazas a diversos invertebrados así como todo tipo de información relacionada co coidado do medio ambiente. Participamos tamén dunha nova edición do XOGO DA MIÑOCA, desta volta co alumnado de 1º.

A ciencia e unha das chaves do desenvolvemento sustentable!

 

Obradoiro sobre compostaxe.

Como desaparecen os restos orgánicos? Descompóñense? Por que non ule mal? Por que está todo cheo de bechiños? Son preguntas ás que demos resposta hoxe grazas aos dous obradoiros enmarcados dentro do PLAN REVITALIZA.

No primeiro, o alumnado de 2º e 3º pasouno xenial no XOGO DA MIÑOCA. Grazas a un taboleiro xigante descubriron que residuos podemos botar ao compostador, como se transforman en compost e todo tipo de información relacionada co coidado do medio ambiente.

 

  

Pola outra banda, 4º, 5º e 6º transformáronse en científicos e científicas para, utilizando unha mostra e material de laboratorio, separar e identificar macroinvertebrados, descubrindo así o proceso de compostaxe. Atoparon cochinillas da humidade e miñocas, así como os seus ovos, poñendo en práctica os coñecementos relacionados cos insectos, vermes e moluscos e a súa alimentación e reprodución que descubriron este trimestre na clase.

Robótica e enxeñería con LEGO

O MES DA CIENCIA rematou coas actividades con LEGO. Desta volta, convertémonos en enxeñeiros e enxeñeiras para fabricar máquinas simples como a polea ou a panca. Mesmo contruimos unha catapulta!

Tamén, dentro da competencia STEM, fedellamos co LEGO WeDo e, ademais de construir un robot, o programamos para que executase as ordes que deseñamos.

Toda unha experiencia...

 

Mes da Ciencia

O pasado mes de Novembro foi o MES DA CIENCIA e estivo cheo de actividades, entre elas as levadas a cabo polo científico David Ballesteros. Todo o alumnado, desde infantil a primaria, gozaron cos experimentos de David, unha mestura entre ciencia e maxia. Incluso algún púxose na pel dos científicos en científicas empregando material de laboratorio para diversas experiencias relacionadas coa densidade ou coa fotosíntese.

Benvidas e benvidos ao CLUB DE CIENCIA no curso 2022-2023

Queremos darvos a benvida a este espazo do CLUB DE CIENCIA para o curso 2022-2023. Aquí poderedes botarlle unha ollada ás actividades, iniciativas, obradoiros e tarefas que levaremos a cabo durante este ano.

O importante vai ser, tal e como dixo Albert Einstein:

 NON DEIXAR DE FACERNOS PREGUNTAS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut