Skip to Content

Información

Día Mundial da Saúde

Este mes celébrase o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. Por esta razón o alumnado de 4º foi polas aulas promocionando os estilos de vida saudable aproveitando a realización dun pequeno proxecto sobre saúde,

Aquí vos deixamos o folleto que elaboraron despois de realizar unha busca de información que completaron con aportacións propias dos seus coñecementos previos.

 

 

NO PLASTICS IN THE SEA!!!

Desde a área de ARTS AND CRAFTS adiantámonos ao DÍA DO MEDIO AMBIENTE e quixemos representar os plásticos nos océanos con esta composición.

Agardamos que vos guste a nosa creatividade!

 

Ciencia en 10 minutos - Marzo

Este mes toca fedellar co microscopio electrónico. Daquela, en Ciencia en 10 minutos realizamos unha actividade que consistía en adiviñar as mostras que tiñamos baixo a lente do microscopio. Descubrimos cousas abraiantes...

 

Sabías que o sal e o azucre forman cristais que ao aumentalos parecen cubos de xeo ou anacos de cuarzo?

 

Sabías que o musgo ten follas e semella un alga?

 

Sabías que o cacao é case todo azucre?

 

Sabías que o papel forma fibras que parecen o tecido dun xersei? 

 

Sabías que as formigas teñen unha cabeza tan grande como o seu abdome?

 

 

Ciencia en 10 minutos - Febreiro

Remata febreiro e remata o mes no que comezamos a iniciativa CIENCIA EN 10 MINUTOS.

Trátase dunha actividade na que facemos experiencias científicas sinxelas polas todas as aulas do cole.

Este mes, nos grupos de primaria, a iniciativa estaba centrado nas estruturas. Experimentamos coa resistencia do papel.

 

De entrada, o papel non é un material moi resistente pois non soporta a masa dunha pedra.

 

Pero se o pregamos en forma de abano descubrimos que é quen de soportar moita máis masa.

 

Sabendo iso, probamos a subirnos a unha caixa cunha estrutura de rolos de papel hixiénico no seu interior e... Sorpresa! Soporta o peso do profe!

 

Deste xeito descubrimos que as pontes teñen unha forma calculada científicamente para soportar moito peso. Así funcionan as estruturas.

 

Nas aulas de infantil estivemos a fedellar coa balanza numérica e tivemos unha primeira aproximación á conservación das masas, as máquinas simples e as sumas.

 

Que ganas de descubrir o que nos depara o mes de marzo.

 

A Lúa a través do Telescopio

Sabiades que existen telescopios no espazo próximo á Terra, orbitando arredor dela, que son capaces de facer fotografías con moito detalle dos planetas do Sistema Solar? Máis aínda... Sabiades que un deles, que se lanzará ao espazo en breve, terá nome de muller? O Telesciopio "Nancy Grace Roman" levará o nome dunha das primeiras mulleres executivas da NASA e que é considerada como a "nai do telescopio espacial Hubble".

Aproveitando que mañá celebramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia trouxemos un telescopio (máis pequeno que o Hubble e o Nancy Grace Roman) para observar a Lúa e os seus cráteres.

O Alumnado de 3º a 6º foi pasando para botar unha ollada aos detalles da Lúa. Xa que nos pillou una precioso ocaso dela tras a montaña, o luns continuaremos coa observación (se o tempo o permite) co resto do alumnado.

Quedaron coa boca aberta!

Visita a SALINAE

Como se fabrica o sal? É un elemento químico ou un composto? Son preguntas ás que o alumnado de 5º e 6º deu resposta hoxe coa súa visita a SALINAE de Vigo, espazo no que descubriron as salinas romanas de Vigo.

Salinae é un interesante percorrido por unha salina mariña romana de evaporación solar ben conservada e en forma de museo.  Este xacemento arqueolóxico de Vigo, polo seu excelente estado de conservación, permite entender o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían sal na superficie das cubetas.

Visitamos NATURNOVA

Estes días estamos a ter a gran sorte de poder visitar NATURNOVA, un museo científico no que puidemos coñecer os diferentes tipos de rochas que forman a codia terrestre, o movemento das placas tectónicas, o ciclo da auga, as curiosidades do sistema solar ou a vida dos fondos mariños abordo dunha nave submariña 3D. 

O recanto que máis atención espertou foi o areeiro no que puidemos representar os elementos do relevo coloreados coas súas curvas de nivel. Mesmo fixemos que chovera sobre a nosa representación.

Foio unha visita apaixoante.

Contacontos: A TRIBO DOS ECOBECHOS

O ano novo comeza e nós non paramos!

A semana pasada continuamos cos obradoiros enmarcados dentro do PLAN REVITALIZA.

Desta volta, o alumnado de Infantil participou dun emocionante contacontos titulado A TRIBO DOS ECOBECHOS, unha historia moi activa e dinámica sobre os vermes protagonistas da compostaxe. As crianzas descubriron non só que residuos podemos botar ao compostador (en realidade xa o sabían) senón tamén como se transforman en compost grazas a diversos invertebrados así como todo tipo de información relacionada co coidado do medio ambiente. Participamos tamén dunha nova edición do XOGO DA MIÑOCA, desta volta co alumnado de 1º.

A ciencia e unha das chaves do desenvolvemento sustentable!

 

Obradoiro sobre compostaxe.

Como desaparecen os restos orgánicos? Descompóñense? Por que non ule mal? Por que está todo cheo de bechiños? Son preguntas ás que demos resposta hoxe grazas aos dous obradoiros enmarcados dentro do PLAN REVITALIZA.

No primeiro, o alumnado de 2º e 3º pasouno xenial no XOGO DA MIÑOCA. Grazas a un taboleiro xigante descubriron que residuos podemos botar ao compostador, como se transforman en compost e todo tipo de información relacionada co coidado do medio ambiente.

 

  

Pola outra banda, 4º, 5º e 6º transformáronse en científicos e científicas para, utilizando unha mostra e material de laboratorio, separar e identificar macroinvertebrados, descubrindo así o proceso de compostaxe. Atoparon cochinillas da humidade e miñocas, así como os seus ovos, poñendo en práctica os coñecementos relacionados cos insectos, vermes e moluscos e a súa alimentación e reprodución que descubriron este trimestre na clase.

Robótica e enxeñería con LEGO

O MES DA CIENCIA rematou coas actividades con LEGO. Desta volta, convertémonos en enxeñeiros e enxeñeiras para fabricar máquinas simples como a polea ou a panca. Mesmo contruimos unha catapulta!

Tamén, dentro da competencia STEM, fedellamos co LEGO WeDo e, ademais de construir un robot, o programamos para que executase as ordes que deseñamos.

Toda unha experiencia...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut