Skip to Content

Información

Electricidade

Estamos que botamos chispas. E por iso estivemos a fedellar coa electricidade. Daquela, fixemos circuítos en serie e en paralelo con leds, baterías, cabos e... plastilina condutora.

Temos que confesar que, ás veces non funcionaba, pero como coñecemos o método científico, buscamos a solución. Ao final, funcionou!

   

Estruturas

A Ciencia non para... E a cabeciña, tampouco. Desta volta estivemos a fedellar coas estruturas dos edificios. Así que, mas á obra, estivemos a construir edificios significativos empregando técnicas similares ás reais.

Velaquí o proceso:

     

A arquitectura é o noso. Encantounos!

Obradoiro de xabón

Hai uns días o alumnado de infantil atreveuse coa química e realizou xabón empregando glicerina.

   

A glicerina é unha base de xabón de orixe narural que se obtén a partires de aceites seguindo os principios da química verde.

O resultado foi espectacular!

Quen vive aí?

Con este título comezou esta actividade pertencente ao PLAN REVITALIZA na que o alumnado de Barrantes se mergullou non invertebrados que son capaces de crear o compost a partires da materia orgánica que lle botamos.

Deste xeito e con axuda de ópticas de aumento atopamos miñocas, cempés, milpés e bichos bóla, sempre con moito coidado e agarimo para non facerlles dano e devolvelos ao compostador para continuaren a súa vida.

Comprobamos que hai moita vida no compost.

Ciencia en 10 min. - Xaneiro

Comeza o ano e seguimos ás voltas coa Ciencia.

Desta volta, na iniciativa Ciencia en 10 min, estivemos a fedellar coas reaccións químicas. Neste caso e con toda a precaución do mundo, estivemos a mesturar vinagre con bicarbonato. O resultado da reacción foi un gas capaz de encher un globo en segundos.

Por outro lado, estivemos a fedellar co centro de gravidade dos obxectos. Unha cortiza cravada nun pau non é quen de suxeitarse no noso dedo por mor da posición do seu centro de gravidade. Pero... e se cambiamos a posición do centro de gravidade? Eureka!

Mes da Ciencia

Novembro é o noso mes, o mes da Ciencia. Por esta razón estamos a realizar actividades de experimientación por todos os lados: disolucións arco da vella, flotabilidade e mesturas de auga doce e salgada. Imos aló!

Contáronnos que auga doce e a salgada son complicadas de mesturar. Imos comprobalo.

Preparamos uns cubiños de xeo de auga doce que previamente tinguimos con colorante verde. Despois os engadimos a unha disolición de auga salgada e... Efectivamente, o xeo fusionouse pero a auga doce e a salgada non se mesturaron.

           

Isto ten unha explicación científica. A auga salgada ten máis densidade e permanece no fondo mentres a auga doce con menos densidade permanece na superficie.

Tamén preparamos unha disolución moi colorida con caramelos e auga quente. O resultado foi espectacular xa que as cores que forman parte dos caramelos aproveitaron para circular libres pola corrente que forma a auga quente no prato.

 

E xa para rematar comprobamos que un material que de forma ordinaria non aboia na auga pode facelo, se lle proporcionamos a forma axeitada. Fixemos a proba cunha boliña de plastilina. Como era esperable, foi ao fondo. Non obstante se de llamos forma de barco... Incluso pode aguantar sobre a superficie o dobre do seu peso.

            

Agora xa sabemos por que flotan eses barcos que pesan tantas toneladas. Cuestión de Ciencia e de enxeñaría.

Club de Ciencia 2023/2024

Comeza un novo curso e comezan novas actividades, tarefas e iniciativas do CLUB DE CIENCIA no CEIP Barrantes.

Moito ollo porque arrancamos coincidindo co mes da Ciencia!

Paracerá maxia, pero será real.

Fin de Curso Científico

Remata un curso cheo de aprendizaxes emocionantes. E como non podería ser doutro xeito o Club de Ciencia participou dunha das actividades organizadas para o final de curso a través dun obradoiro de ciencia.

Preguntástesvos algunha vez por que pode voar un avión? Pois porque existe unha presión de aire baixo as ás diferente á que hai sobre elas. Isto fai que o avión, dalgún modo, poida pousar o seu peso sobre unha masa de aire. Deste modo, neste obradoiro quixemos desenvolver a competencia STEAM a través da creación de avións e helicópteros de papel e así demostrar este fenómeno.

  

Estes obxectos voadores tiñan a capacidade, grazas á súa forma, de planear sobre o aire, igual que fan os avións e helicópteros de verdade.

Rematamos o curso moi felices co desenvolvemento do programa Club de Ciencia, cunhas ganas tolas de repetir o vindeiro curso e co petos cheos de aprendizaxes.

VÉMONOS O VINDEIRO CURSO!!!

 

Ciencia en 10 minutos - Maio

Neste mes de maio no que xa se vai notando a calor é momento de coñecer o que é a densidade e como se comportan os corpos cos cambios de temperatura.

 

É posible facer flotar un ovo flote na auga?

Si, é posible. De entrada, un ovo non flota na auga xa que a súa densidade é maior. Pero se engadimos sal á auga, faremos aumentar a súa densidade e, polo tanto, chegará un momento no que o ovo flotará ao ser a densidade da auga superior á do ovo.

 

Por certo... Sabedes diferenciar un ovo cocido dun ovo que no o está?

Ben sinxelo... Facédeos xirar! O ovo cocido xirará moi rapidadmente. O ovo cru, non. Por que? Porque ao estar líquido o seu interior, a clara frea a velocidade de xiro ao moverse dentro da xema.

 

 

A densidade tamén pode ser aumentada polo efecto da presión.

O obxecto que está dentro da botella está cheo de aire. Se apertamos a botella, aumenta a presión, o que fai aumentar a densidade do aire que contén. Deste xeito, vaise ao fondo.

 

Tamén falamos das propiedades da materia: a masa e o volume.

 

O aire, é materia? Ten masa? Comprobémolo... 

Pesamos un balón desinchado obtendo un resultado de 178 gramos.

Despois, enchémolo de aire e volvemos realizar a medición obtendo un resultado de 181 gramos Xa demostramos que o aire introducido no balón ten masa.

Canta masa de aire ten o balón? 178 - 181 = 3 gramos de aire.

 

Igualmente aprendemos o funcionamento dun gato hidráulico a partir do Principio de Pascal que indica que a presión aplicada sobre un fluído contido nun recipiente pechado transmítese de forma uniforme a todos os seus puntos. Para comprendelo, empregamos este trebello.

 

 

E xa por último descubrimos un termómtro moi curioso, o termómetro de Galileo:

Este sorprendente aparello é quen de indicar a temperatura a través dos cambios na flotabilidade dos líquidos que contén nas boliñas do seu interior. Esta flotabilidade ten que ver de novo cos cambios na... Densidade!

Ciencia en 10 minutos - Abril

En abril "augas mil" toca realizar actividades coa auga. Pensade na resposta ás preguntas antes do final do vídeo!

 

En cal dos dous recipientes hai máis cantidade de auga?

 

ê

A resposta é: igual nos dous. Para valorar que recipiente contén máis líquido é necesario verter os líquidos en recipientes de igual forma e volume.

 

Podemos pasar a auga dun recipiente ao outro sen mover o recipiente orixinal?

Si. Aprovetándonos do fenómeno de vasos comunicantes. A única obriga é poñer o recipiente que contén o líquido a máis altura que o recipiente que vai recibir o líquido.

 

Pode un líquido facer invisible un obxecto?

 

ê

Podemos facer desaparecer un obecto de vidro introducíndoo en aceite. Neste caso empregamos aceite hidratante. O fenómeno ten que ver co índice de refracción do aceite que está fóra e o que está dentro da probeta. A velocidade da luz nos dous medios é a mesma e isto fai que non poidanos apreciar a probeta xa ambos medios acaban mesturándose visualmente, facendo desaparecer o vidro que hai entre eles.

Distribuir contido


by Dr. Radut