Skip to Content

Centro

SOMOS UN COLE ENTRE CIEN MIL

Comprácenos anunciarvos que o CEIP Barrantes xa forma parte de @unoentrecienmil.

Trátase dunha Fundación que busca recursos para colaborar coa leucemia infantil.

Despois de case 3000 centros de toda España, o CEIP Barrantes xa é un máis.

 

Anímaste? Propomos unha "carreira solidaria" o vindeiro 21 de decembro.

 

Iremos informando con máis detalle, pero polo de agora podedes ir entrenando, nais, pais, irmáns, veciñas…

Magosto 2023-2024

O pasado venres, 20 de outubro, celebramos o Magosto en Barrantes con outra edición de xogos populares. A choiva non foi excusa para celebrar esta festa que tanto nos gusta; deste xeito e en dúas quendas realizamos cinco xogos no pavillón de Barrantes nos que os compañeiros e compañeiras de 6º exerceron de monitores. Xogamos a carreiras de sacos, relevos de castañas con culler, o pano, os aros musicais e a rá. Despois de abrir apetito xogando chegou a hora de degustar as castañas, momento que foi moi especial por poder compartilo coas familias. Como nos gustan as castañas e que ben o pasamos!

 

25N- Día internacional contra a violencia de xénero.

Con motivo do 25 de novembro (Día internacional contra a violencia de xénero) realizamos diversas actividades: estampamos con pintura unha man branca nun mural violeta para reivindicar o noso rexeitamento ante calquera tipo de violencia e elaboráronse dous vídeos: un co alumnado de 6º de primaria e outro con todo o alumnado e a canción da porta violeta de Rozalén.
 

Estes vídeos visualizámolos todos xuntos nun acto común, ademais de gardar un minuto de silencio. 

(Os vídeos atópanse nos arquivos adxuntos de debaixo da publicación).

CLUB DE CIENCIA

 

Rematou un ano moi científico xa que dende o centro e a través de tódolos equipos (biblioteca,normalizacón, titorías...) fixemos que a ciencia anidase todo o curso nas aulas, nos corredores, nas saídas...e que visibilizaramos ao alumnado do club de ciencia como referentes de experiencias moi motivadoras

E aquí deixámosvos un reseume multicolor das nosas experiencias

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d280979508kP915520908o1l1/-

Visita de María Alonso Seisdedos

No cole tivemos o enorme privilexio de ser visitados por María Alonso Seisdedos, tradutora entre outros libros, de "O lapis máxico de Malala" e "Ulises" (J.Joyce).

 

 

 

Día mundial do consumidor 2018

Para celebrar o día mundial do consumo contamos cunha charla dada polo Instituto Galego de Consumo. Aprendimos moito sobre a publicidade , os códigos que usan, a súa influencia sobre os consumidores e moitas máis cousas.consumo1

 

Teatro 3º e 4º : Percura do tesouro

Os cursos de 3º e 4º fomos de excursión a Vigo ao teatro para ver a obra :"A percura do tesouro".

tesouro_1

 

Samaín 2017

A nosa "tétrica" celebración do Samaín!

Día das Bibliotecas Escolares

MAGOSTO 2017

Aqui unha pequena presentación da celebración do Magosto 2017 no cole!.

Distribuir contido


by Dr. Radut