Skip to Content

3º e 4º de Primaria

3º e 4º EP - MATEMÁTICAS

CLICK EN CADA ACTIVIDADE PARA VER EN QUE CONSISTE:

 

 

 

3º e 4º EP - LINGUA GALEGA

CLICK EN CADA ACTIVIDADE PARA VER EN QUE CONSISTE:

 

 

 

 

3º e 4º EP - ACTIVIDADES SEN REQUERIMENTO DE INTERNET

CIENCIAS DA NATUREZA

  1. Elaborar o menú saudable dun día.
  2. Completar a vosa pirámide de alimentos do día que escollades.
  3. Elaborar un cartel sobre os hábitos hixiénicos que estades levando a cabo para previr o coronavirus. Se queredes, sacádelle unha foto ao cartel e enviádema ao meu correo electrónico para poder compartila cos vosos compañeiros e compañeiras.

 

EDUCACIÓN FÍSICA

Inventamos un xogo ao que se ten que poder xogar con material reciclado ou obxectos que teñamos na casa. Escribimos as súas normas e as instruccións de como se xoga.

 

CIENCIAS SOCIAIS E PLÁSTICA

Como xa saberedes, durante este trimestre estivemos falando so coidado do medio ambiente e os espazos protexidos. Coñecimos cales son os grandes problemas medioambientais e medidas a levar a cabo para coidar o medio.

 

 

Así, propóñovos facer uns carteis de concienciación sobre o tema traballado na aula para chegar ó maior número posible de persoas.

Nesta liña, a idea é a seguinte:

- Cada un, libremente, escollerá unha das catro temáticas e traballará sobre o tema en cuestión (na clase xa afondamos neles).

  • A contaminación
  •  A deforestación.

  • A sobreexplotación de recursos.

  • O cambio climático.

- Elaboramos un esquema ou deseño sobre o formato que nos gustaría realizar.

- Realizamos un borrador do mesmo (debemos ter en conta cores a empregar, que vai a ir resaltado, tipos e tamaños das letras, que información vamos a incluír, levara imaxes? como as podemos incluir?...).

- Correximos o borrador de posibles erros ortográficos ou gramaticais.

- Elaboramos o cartel tendo en conta o boceto anterior.

 

LENGUA CASTELLANA

Carta abierta:

Una carta abierta es un escrito dirigido a una multitud de gente en el cual expresamos nuestras ideas, sentimientos o reflexiones. Lo podéis hacer en formato digital o a mano.

Estructura:

- Lugar y fecha ( de la localidad en la que se escribe)

- Título o encabezado ( en relación con lo que voy a contar )

- Cuerpo ( lo que se quiere contar , estructurado en párrafos)

-Despedida (saludos )

-Firma

 

Así que, os animo a todos a que escribáis vuestra carta contando vuestras vivencias y sentimientos de estos días y los venideros.

 

Noticias:

¿ qué os parece si elaboramos noticias?  Como si de un periódico se tratase. De este modo, trabajamos la expresión escrita ( y oral). Vosotros sois los redactores y queréis que vuestro periódico sea leído por todo el mundo. Así que, no debéis descuidar vuestra manera de expresaros y comunicaros.

 

Primero, haremos un borrador donde pondremos la idea de noticia que tenemos, contestando a unas preguntas que os dejo más abajo. Debemos pensar un título atractivo , que nos pida a los lectores querer saber más ( esto ya lo estuvimos haciendo en clase, recordáis? ) También haremos el dibujo que está relacionado con la noticia, o localizar una imagen para pegarla. Posteriormente,  lo pasamos a limpio cuidando la caligrafía. Las noticias pueden ser reales o inventadas.

 

Cada día podeis  ( si queréis)  hacer una noticia. Las iréis pegando en una libreta, o juntando en una carpeta para cuando regresemos a las aulas poder ver el periódico de cada uno. Estoy segura de que serán fantásticos y muy originales. Estos días la cabeza nos dará mucho en lo que imaginar… así que, adelante!!

 

LINGUA GALEGA

Imos escribir un diario en galego onde contemos todo o que facemos cada día e como nos sentimos.

Poden engadirse debuxos e pode facerse tanto en papel como en soporte dixital.

Cando voltemos á escola serán entregados aos mestres e mestras para ser correxidos.

Lembrade:

- Poñer a data.

- Coidar a ortografía e a presentación (podemos utilizar diccionarios se é preciso).

- Usar correctamente as maiúsculas e os signos de puntuación.

- Manter un orde e coherencia á hora de redactar.

Non hai extensión mínima nin máxima, cada neno escribirá o que poida en función do seu nivel.

 

 

INGLÉS

- Facemos descripcións en inglés de persoas, animais, personaxes imaxinarios... Podedes debuxalos ou recortalos de revistas ou periódiocos, así como facer colages recortando diferentes partes do corpo e uníndoas para crear un personaxe. 

- Elaboramos un rexistro diario coa data, o tempo e contamos como nos sentimos. Ilustrámolo cun debuxo relacionado. Á volta correxirémolos todos. Exemplo:

Today is Monday 23rd March 2020.

It is rainy and cold.

I am happy.

(debuxo relacionado)

 

Lembramos os días da semana:

Monday - Tuesday - Wednesday - Thursday - Friday - Saturday - Sunday

 

Lembramos os meses do ano:

January - February - March - April - May - June - July - August - September - October - November - December

 

Lembramos vocabulario relativo ao tempo:

It is rainy - chove

It is sunny - está soleado

It is cloudy - está anubrado

It is snowy - neva

It is foggy - hai néboa

It is windy - vai vento

It is hot - vai calor

It is cold - vai frío

 

Lembramos vocabulario relativo aos estados de ánimo:

I am happy - estou contento/a
I am sad - estou triste
I am ungry - estou enfadado/a
I am in love - estou namorado/a
I am scared - estou asustado/a

I am surprised - estoy sorprendido/a

I am thisty - teño sede
I am hungry - teño fame
I am hot - teño calor
I am cold - teño frío
I am sick  - estou enfermo/a 
I am great - estou xenial
I am fine - estou ben

 

 

 Podemos contar máis cousas no rexistro diario se queremos. Canto máis mellor.

 

 

RELIXIÓN

Facer un debuxo relacionado co tema da Semana Santa (unha cruz, un ovo de pascua, un paso). Pódese elixir sempre que teña relación co tema.

 

 

 

OUTRAS ACTIVIDADES

 Teatro de sombras.

Debuxa e corta siluetas en cartulina e pégalles un pao de xeado, palliñas ou algo similar. Apagamos as luces, acendemos unha linterna e a crear a nosa historia!!!!

Incluso podedes grabalo en vídeo e compartir as vosas creaccións con todos nós.

 

Sala de cine

Ver unha película en familia pode significar algo máis. Así podemos crear as entradas, inventar un prezo, "cobralo" simbólicamente, numerar as butacas, facer e vender as palomitas e, incluso, poderíamos ter un acomodador. Así, traballamos un montón de conceptos con algo tan básico como descansar e relaxarnos.

 

Puzzles improvisados

 Creamos un puzzle calcando as siluetas de diferentes obxectos. Finalmente, debemos encaixar todas as pezas. A versión máis divertida é se alguén fai as siluetas por nós, e así adicámonos a buscalas por todaaaaa a casa.

 

Pesca

  Fácil e divertido. Enchemos a tina de auga, botamos tapóns e intentamos pescalos con dous paos. Traballo de coordinación e motricidade a topeeee.

Distribuir contido


by Dr. Radut