Skip to Content

Concurso Postais de Nadal 2013

 

Como todos os anos estamos a celebrar un concurso de postais de Nadal.

O afortunado gañador ou gañadora terá a honra de que a súa postal sexa enviada a todas as familias, pero ademais haberá un ou unha finalista en cada clase... que tal vez leve unha sorpresa!!


Maxia no cole!! (10.12.2013)

 

Hoxe tivemos visita, nada máis e nada menos que do Mago Benxamín.

Entre todos (sí, porque todos fomos magos esta tarde) fixemos un espectáculo sen precedentes, con pomba incluida, no que saímos á palestra tanto mestr@s como alumn@s.

Non podiamos apartar os ollos do escenario, abriusenos a boca ata tocar os xeonllos co asombro e rimos a escachar... pasámolo xenial!

 


Entrega de Premios en Padrón (04.12.2013)

 

Como podedes recordar, o curso pasado os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, presentaron un proxecto audiovisual ao certame "Imaxina Cantares", convocado pola Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia co gallo da conmemoración do 150º Aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.

Ben, pois resulta que obtiveron unha mención de honra polo traballo realizado e o pasado mércores invitáronnos a Padrón, á Fundación Rosalía de Castro, a recoller o noso agasallo.

Fixemos unha longa viaxe, pero pasámolo xenial e sentímonos moi orgullosos do noso "Has de Cantar", que podedes ver aquí.


Viaxe ao MUNCYT (29.11.2013)

 

O pasado venres fixemos unha saída ao "Museo Nacional de Ciencia y Tecnología", na Coruña.

Vimos inventos de todo tipo, novos e antigos, incluíndo algunhas cousas un tanto extranas...

Ademais subimos a un avión!! Si, si, tal e como ledes... un avión!!

Sairá do noso cole o novo científic@ que revolucione o mundo?

 


Distribuir contido


by Dr. Radut