Skip to Content

APERTURA DO PLAZO DE ADMISIÓN DE COLABORADORES DE COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias:

A partir de hoxe, ata o 7 de setembro, está aberto o plazo de admisión para colaboradores do comedor escolar.

 

Moitas grazas. Un saúdo.

COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias:

 

Xa podedes entregar o modelo de autodeclaración para o comedor escolar; podedes recollelo no centro escolar ou descargalo nos datos adxuntos desta entrada.

O plazo de entrega é ata o día 7 de setembro.

 

Moitas grazas. Un saúdo.

 

 

MATRÍCULA

Xa está aberto o período de formalización da matrícula. Abrangue do 20 ao 30 de xuño.

deberase presentar a seguinte documentación:

-Solicitude matrícula (Anexo III-1).

-4 fotos de tamaño carnet.

-Fotocopia das tarxetas sanitarias dos proxenitores.

-Fotocopia do boletín de vacinas do alumno/a.

-Certificado de empadroamento.

-Certificado médico do alumno/a no que se explicite que padece ou non enfermidades graves e/ou contaxiosas.

 

 

AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022/2023

Estimadas familias:

 

Xa pode solicitarse a axuda de libros e material escolar. Pódese pedir unha solicitude no centro. Tamén podedes descargala da páxina web da Consellería, da aplicación “FONDOLIBROS” ou a través da SEDE ELECTRÓNICA polo procedemento ED330B.

Seguindo as instrucións da Consellería, as solicitudes presentaranse preferiblemente de xeito electrónico (a través da aplicación “FONDOLIBROS“ ou polo procedemento ED330B na sede electrónica da Xunta de Galicia), mais tamén poden entregarse no centro escolar.

O prazo de presentación é do 19 de maio ao 22 de xuño do 2022 (ambos inclusive). Presentarase unha soa solicitude para todos os fillos do mesmo centro educativo (a excepción de que se presente a través da aplicación “FONDOLIBROS” que hai que presentar unha solicitude por cada fillo ou filla).

Documentación a presentar:

-Solicitudes asinadas (Anexos I e II).

-Coipa do libro de familia (ou certificado de convivencia, informe de servizos sociais ou equivalente propio deo concello).

-De ser o caso: sentenza xudicial de separación ou divorcio e convenio regulador, certificado de discapacidade, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

QUEDARÁN EXCLUÍDOS DA AXUDA AQUELES ALUMNOS OU ALUMNAS QUE NON DEVOLVAN OS LIBROS PRESTADOS PARA ESTE CURSO 2021/2022 (DATA MÁXIMA DE ENTREGA 20 DE XUÑO) E AQUELES QUE SUPEREN OS LÍMITES DE RENDA.

O alumnado de 6º de EP que o vindeiro curso está noutro centro ten que presentar alí a solicitude.

Distribuir contido


by Dr. Radut