Skip to Content

Marchamos... Xa non estamos por aquí.

Vémonos en www.ceipdebarouta.gal

Ver en ventá diferente de CEIP de Barouta

Traballo multinivel. Aulas mixtas de 1º, 2º e 3º

As aulas mixtas é unha proposta de traballo que ofrecemos dende o centro grazas a que facilita unha dinámica inclusiva atendendo ás diferencias de cada alumno e alumna.

O deseño de actividades multinivel é unha das estratexias que mellor inclúen a todo o alumnado na actividade diaria de clase, sexa cal sexa o nivel de habilidades que presenten.

Resumo semanal Bitácoras (semana 9-13 outubro)

Ola familias, seguimos!
As bitácoras non paran, estamos subindo contidos, cada curso ao seu ritmo. Non vos esquezades de pasar a visitalas.
Resulta entretido visitar tódalas bitácoras e ver o que se fai en cada curso.
Neste trimestre verás moitas cousas relacionadas co coñecemento do noso corpo, xa que estamos a traballar “O Corpo e a identidade” dentro das nosas ABP.
En 3º e 4º xa empezaron tamén con MeteoBarouta. Estade atentas e atentos que en breve haberá novidades sobre isto.

PFPP 2023-2024: faladoiros pedagóxicos dialóxicos.

Arrancamos en breve co noso PFPP (Plan de Formación do Profesorado en Centros)

Este curso imos traballar a través de faladoiros pedagóxicos dialóxicos. Esta opción vainos permitir reflexionar e debater sobre a temática elixida e a raíz destes encontros ir deseñando unha estratexia específica de formación baseada no consenso. Neste tipo de formación lense libros relevantes e fálase e debátese sobre o texto lido.

A construción colectiva do coñecemento baséase sempre no diálogo igualitario.

Visita Susana Sánchez Aríns

Hoxe contamos coa visita de Susana Sánchez Aríns, que estivo charlando con 5º e 6º sobre as noticias na prensa.

Susana é escritota e mestra, pero o que máis lle gusta é traballar cos titulares da prensa e ver como se recollen as novas.
Xa sabemos que a mesma noticia trátase de diferente maneira segundo no medio que se recolla, e nós como lectoras e lectores temos que ter unha actitude crítica ante o que lemos.

Empezamos coas 4R en Barouta.

Familias! Precisamos da vosa colaboración.

Dende a comisión do entorno e horto escolar estamos plenamente comprometidas e comprometidos co coidado do medio que nos rodea. Así que vamos a traballar nas 4R:

  • Reducir
  • Reutilizar
  • Recuperar
  • Reciclar

Resumo semanal Bitácoras (semana 2-6 outubro)

Benqueridas familias.

Convidámosvos a que olledes as bitácoras do colexio. Estamos publicando contidos interesantes e veredes algunhas das cousas que traballamos nos diferentes niveis.

  • En Infantil o novo alumnado xa se está adaptando as novas dinámicas e espazos.
  • En 1º non todo son matemáticas, tamén celebramos aniversarios.
  • En 2º contar cara adiante e cara atrás é sinxelo, mesmo de dous en dous.
  • En 3º estamos rexistrando o tempo e traballando a percepción do noso corpo, e como os alimentos inflúen no noso benestar.
  • En 4º traballamos coas regletas diferentes aspectos das matemáticas.
  • En 5º dividimos e repartimos coas regletas.
  • En 6º falamos dunha dinámica que fixemos e amosamos o noso primeiro contacto coas regletas este curso e… queremos máis!

En 5º e 6º, ademáis están desenvolvendo un proxecto relacionado cos seres mitolóxicos galegos. Podedes ver esta información aqui.

 Acceder ás bitácoras.

Proxecto. O medo a través da mitoloxía galega.

Este xoves empezan a traballar no obradoiro de Polos Creativos o alumnado de terceiro ciclo como parte do proxecto "O medo a través da mitoloxía galega".

As e os artistas van a expresarse a través da pintura e da modelaxe.

Todo preparado.

Visita de estudos do proxecto Erasmus+ "Inc-leisure"

Visita de estudos do proxecto Erasmus+ "Inc-leisure" ao patio e instalacións do Ceip de Barouta.

Associação Grao Vasco de Viseu- Portugal, OURC Dr Zlatan Sremec, de Skopje-rep. Macedonia do Norte, Asociacion Babilon de Alacant e AMICOS. Para nós foi un pracer ensinar as instalacións e compartir experiencias relacionadas con outros centros.

 

Inicio de Curso 2023/2024

ENCONTRO DE BENVIDA

Como xa é habitual no CEIP de Barouta, ese día ás 9h00 faremos o encontro de benvida na entrada norte do Centro con todo o alumnado e as familias que vos queirades achegar. Presentaremos ao profesorado e resolveremos as dúbidas urxentes que poida haber. Por se tedes curiosidade, xa está subido á páxina web o nome e cargo do profesorado que conforma o Claustro do CEIP de Barouta para este curso.

 

ASEMBLEA DE CENTRO

O luns día 11 ás 16h30 temos a Asemblea de Centro na BiblioBarouta (para as persoas que non vos poidades achegar, tentaremos que a poidades seguir por videoconferencia)

 

MATERIAL ESCOLAR
O martes día 12 as titoras entregaranlles ao alumnado a lista de material escolar que se precisa para cada curso/ciclo

 

REUNIÓNS DE PRESENTACIÓN DE CURSO

As reunións colectivas das titorías coas familias de cada curso/ciclo serán:

Luns, 18 de setembro ás 14h00: Ed. Infantil

Martes, 19 de setembroás 14h00: 1º e 2º de EP 

Mércores, 20 de setembro ás 14h00: 3º e 4º de EP 

Xoves, 21 de setembro ás 14h00: 5º e 6º de EP 

 

 

1ª Asemblea de Centro | Curso 2023-2024

Comezamos Curso 2023-2024!
 
O venres pasado comezamos o curso 2023-2024, un curso con novidades que vos detallaremos na Asemblea de Centro á que vos convidamos o próximo luns día 11 de setembro ás 16h30 na BiblioBarouta.
 
Cheques Axudas Material Escolar
Ás familias que vos foi concedido o cheque para material escolar, podedes pasar a recollelo en horario de conserxería, de 9h00 a 14h00
Recordade que o alumnado comeza o luns día 11, e ese mesmo día xa pode facer uso dos servizos complementarios (transporte escolar, comedor, etc)
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut