Skip to Content

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 2020/2021 | Novo Alumnado

 

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA | Novo Alumnado

PRAZO: 1 ao 10 de xullo

HORARIO: 10h00 a 13h00

 


 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Ver Anexos 

- Formulario de Matrícula

- Solicitude de Transporte Escolar

- DNI das persoas proxenitoras (fotocopia)

- Libro de vacinas (fotocopia)

- Tarxeta Sanitaria

- 3 fotografías tamaño carné (co nome escrito no reverso)

 

 

 

 

Vídeo RICARDO CARVALHO CALERO | Letras Galegas 2020

 

Bo día!

Desde o EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA temos o pracer de presentarvos o vídeo homenaxe a RICARDO CARVALHO CALERO realizado coas achegas do alumnado. Agardamos que o gocedes tanto coma nós.

Muito obrigad@s!

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO | Lista DEFINITIVA

Publicada a LISTA DEFINITIVA DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

 

Dada a incomodidade que a consulta presencial pode ocasionar para as familias, máis na situación de Alerta Sanitaria por COVID19, querémosvos trasladar os seguintes datos para a vosa información:

 

  • 4º EI. A totalidade de solicitudes presentadas foron admitidas. Non houbo ninguén que solicitase admisión para 4º EI que non obtivese praza.
  • 5º EI. Presentáronse 2 solicitudes pero só había unha praza vacante
  • 1º EP. Presentáronse 2 solicitudes pero non había vacantes, polo que non obteñen praza ningunha das solicitudes presentadas
  • 3º EP. Presentáronse 2 solicitudes pero non había vacantes, polo que non obteñen praza ningunha das solicitudes presentadas
  • 5º EP. Presentouse unha solicitude que obtén praza
  • 6º EP.  Presentouse unha solicitude que non obtén praza por non haber vacante para o curso

 

PRAZO DE MATRÍCULA PARA ALUMNADO ADMITIDO: 1 ao 10 de xullo

 

ALUMNADO NON ADMITIDO

Enviaremos toda a documentación á Comisión de Escolarización quen vos contactará para a asignación de praza noutro centro 

ADMISIÓN ALUMNADO 2020/2021 - Publicación Lista Provisional

 

 

Desde hoxe está publicada a LISTA PROVISIONAL DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

 

Dada a incomodidade que a consulta presencial pode ocasionar para as familias, máis na situación de Alerta Sanitaria por COVID19, querémosvos trasladar os seguintes datos para a vosa información

 

  • 4º EI. A totalidade de solicitudes presentadas foron admitidas. Non houbo ninguén que solicitase admisión para 4º EI que non obtivese praza.
  • 5º EI. Presentáronse 2 solicitudes pero só había unha praza vacante
  • 1º EP. Presentáronse 2 solicitudes pero non había vacantes, polo que non obteñen praza ningunha das solicitudes presentadas
  • 3º EP. Presentáronse 2 solicitudes pero non había vacantes, polo que non obteñen praza ningunha das solicitudes presentadas
  • 5º EP. Presentouse unha solicitude que obtén praza
  • 6º EP.  Presentouse unha solicitude que non obtén praza por non haber vacante para o curso

 

PRAZO DE RECLAMACIÓN

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación.

 

 

 

 

RECOLLIDA E ENTREGA DE MATERIAIS ESCOLARES

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR | 2020/2021

 

Asemblea Virtual de Centro | Luns, 20 de abril ás 16h30

 

 

 

ASEMBLEA VIRTUAL DE CENTRO


Próximo luns día 20 de abril de 2020 ás 16h30 teremos de maneira virtual a Asemblea de Centro na que trataremos diversos puntos sobre a actualidade escolar durante esta crise sanitaria do COVID-19.

Faremos a Asemblea por videoconferencia. Para iso tedes que ir á páxina eduxunta.webex.com e acceder á Sala de Reunión número 843841035.



Non é preciso que descarguedes nada, podedes entrar na Reunión usando a versión de navegador, só tendo que identificarse cun nome e un correo electrónico para poder acceder á videoconferencia. Podédesvos conectar cun dispositivo móbil (teléfono, tablet, etc) ou cun ordenador.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut