Skip to Content

GAÑADORES/AS DOS "V PREMIOS PROYECTA INNOVACIÓN"

Temos o pracer de comunicarvos que o CEIP de Barouta somos 1º Premio nos "V Premios Proyecta Innovación", un importante galardón dotado con 7.880€.

Moi agradecido a todxs polo apoio, confianza e ansia sen a que sería imposible chegar aquí. Comezamos! "EmBarouta-T: nó sostible".

Podedes ver a exposición aquí: https://www.youtube.com/watch?v=wet0F_f65s0&app=desktop

Máis información: http://www.plataformaproyecta.org/es/concurso/v-concurso-proyecta-innovacion

TRANSPORTE ESCOLAR 2018/2019 | Planificación

Co fin de comezar a xestión da organización do transporte escolar para o próximo curso escolar 2018/2019, convidámosvos a que vexades a instrucción anexa a esta publicación e, de ser o caso, entreguedes cuberto no centro o ANEXO I solicitando modificación ou engadido dalgunha parada que vos gustaría que houbese no próximo curso. 

Aínda que este tipo de solicitude se pode facer en calquera momento do ano, é máis probable que se estimen por parte da Consellería se son feitas antes do remate do curso escolar presente.

Se o preferides, tamén vos podemos imprimir unha copia para que cubrades aquí no centro. É importante poñer todos os datos que se piden no formulario, como a ubicación GPS e localización exacta do punto a modificar.

As paradas xa existentes non se verán afectadas por novas solicitudes nin debedes renovar ou voltar a solicitar. Só debedes renovar as peticións de modificación ou engadido de paradas que non foron antendidas no presente curso.

Antes do remate do curso, enviarémosvos para casa unha ficha para que cubrades a renovación da vosa solicitude deste servizo complementario.

 

Exposición Proxecto de Centro | Somos o que Comemos

O próximo martes día 5 de xuño de 2018 inauguramos a exposición que pon fin ao proxecto que desenvolvemos este ano no centro "Somos o que Comemos", sobre ecoloxía, alimentación e reciclaxe.

Na xornada de mañá temos varias actividades para o alumnado e ás 12h15 estades convidadas/os á inauguración da exposición con visita guiada do alumnado.

Pola tarde, ás 17h00 teremos unha palestra con cinco figuras referentes da saúde, nutrición e o deporte, á que tamén vos queremos convidar.

 

-

 

 

 

 --

 

 

 --

 

 

Un Chocolate con... María José Méndez Lois | Xénero e Igualdade

Hoxe ás 17h00 temos un "#ChocolateCon... María J. Méndez Lois" (profesora na facultade de Ciencias da Educación da USC). Un encontro para falar e debater sobre o xénero e a igualdade.
Este encontro é aberto a todas as persoas amigas do CEIP de Barouta.
 
 

II FESTA da PRIMAVERA | Praia Fluvial de Tapia - Domingo, 27 de maio, 17h00

 

Domingo, 27 de maio de 2018, II FESTA DA PRIMAVERA na Praia Fluvial de Tapia

A partir das 17h00, xogos, obradoiros, e unha grande tómbola con máis de 160 premios dos 70 patrocinadores. Unha tarde de convivencia e encontro coas familias e persoas amigas do CEIP de Barouta, onde o alumnado de 6º de Ed. Primaria aproveitará para quitar fondos para a súa excursión de Fin de Curso.

E non vai chover!
(Pero se nos enganamos e finalmente chove... vémonos ás 17h00 no pavillón do colexio!)

 

 

 

 

 

 

Axudas para Libros de Texto e Material Escolar | ATA O 22 DE XUÑO

Saiu publicada no DOG a ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado  matriculado en educación primaria, , educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/2019 .

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros https://www.edu.xunta.gal/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 Este formulario (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

AS SOLICITUDES PODERANSE ENTREGAR DESDE HOXE ATA O DÍA 22 DE XUÑO

 

Máis información nos anexos a esta publicación

ADMISIÓN 2018/2019 - Listaxe DEFINITIVA

En adxunto a esta publicación poderedes atopar a Listaxe DEFINITIVA da Admisión do Alumnado para o próximo curso 2018/2019.

O alumnado que non obtivo praza pasará á Comisión de Escolarización que resolverá unha adxudicación nos próximos días.

O prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño (se non se formaliza nestes prazos pérdese o dereito da reserva de admisión)

ADMISIÓN ALUMNADO 2018/2019 - Listaxe PROVISIONAL

En adxunto a esta publicación poderedes atopar a Listaxe Provisiónal da Admisión do Alumnado para o próximo curso 2018/2019.

Desde o 25 de abril ata o 2 de maio está aberto o prazo para presentar reclamacións contra esta resolución. A publicación da lista definitiva será o día 14 de maio.

 

ADSCRICIÓN ALUMNADO | EEI de COVAS - IES de AMES

 

O alumnado admitido, tramitará a matrícula a partir do 20 de xuño. O alumnado que non obten praza, solicitará na Admisión Ordinaria do 1 ao 20 de marzo en horario de secretaría do centro: L-V 08h30-09h55 e 13h15-14h00. L 16h30-18h00. M 16h30-17h30

ADMISIÓN ALUMNADO 2018/2019

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A NOVA MATRÍCULA

Apertura do prazo de admisión 1 ao 20 de marzo

HORARIO DE ENTREGA DE SOLICITUDES

Luns a Venres | 08h30-09h55  e de 13h15-14h00

             Luns | 16h30 - 18h00

          Martes | 16h30 - 17h30

 

Máis información no ficheiros anexos a esta publicación

 

Distribuir contido


by Dr. Radut