Infantil

Visita de Paco Nogueiras

Esta semana os nenos e nenas de 3 e 4 anos recibiron a visita de Paco Nogueiras na biblioteca do noso cole. 

     

Pasárono súper ben escoitando a súa música e uns contos marabillosos da editorial Kalandraka.

 

Xa vedes que todos e todas estiveron moi atentos.

Moitas grazas pola Visita Paco, esperamos verte pronto na nosa biblio de novo!  

 

Graduación do alumnado de 6º de Educación Infantil

O alumnado de 6º curso de Educación Infantil celebrou a graduación o martes 12 de xuño. No vindeiro curso promocionará a Primaria iniciando unha nova etapa na súa vida escolar. 

O profesorado da Solaina programou no pavillón un acto no que o alumnado foi o protagonista diante da ollada das familias.

Todos os asistentes viviron con emoción o momento (enlace ás imaxes do acto).

Un bico e sorte en Primaria!

 

 

SAÍDA AO ACUARIUM FINISTERRAE

O pasado mércores, 11 de abril, o alumnado de 4 anos fixo unha visita ao Aquarium Finisterrae da Coruña. A diversión e a sorpresa colmaron as aspiracións depositadas nesta visita. Pasámolo realmente ben e aprendimos moitísimo do mundo mariño. Para ver as imaxes dese día, pincha no enlace.

Museo da Solaina

   Hoxe, 14 de abril de 2016, o colexio da Solaina abríu as súas portas para recibir ás familias do alumnado de Educación Infantil coa inauguración do "Museo da Solaina", museo que acolle, coma un dos mellores que se precie, magníficas obras de arte rupestre, de arte exipcio e, xa moito máis actuais, as pinturas dePaul Klee, Vicent van  Gogh e Joan Miró; pinturas que sin dúbida despertarán grande espectación e interese entre os visitantes xa que os artistas indiscutibles son, sen dúbida, o alumnado desta etapa educativa.

   Dende o luns, 18 de abril ata o venres 29, o Museo permanecerá aberto en horario de tarde dende as 16.30h ata as 18.00h con entrada de balde para todo o público interesado en coñecer os contidos dos diferentes espazos nos que se atopa dividido este Museo e descubrir a estes/as "pequenos/as-grandes artistas da Solaina".

 

Pola Igualdade

Os nenos/as de cinco anos celebramos que todos somos iguais.

Distribuir contido