Charla con Antón Cortizas

Dentro das actividades de biblioteca para a promoción da lectura entre o alumnado, os nenos e nenas de 6º tiveron hoxe unha charla co escritor  ferrolán Antón Cortizas Amado.

Previamente, o alumnado buscara por toda a biblioteca a bibliografía deste autor, con libros axeitados ás diferentes idades, lendo e traballando sobre eles.

Na sesión de hoxe dentro da biblioteca, Antón foi sometido a unha batería de preguntas  moi variadas relacionadas coa súa tarefa de escritor e tamén co seu traballo como mestre.

 

 

 

Premer na imaxe