Animación á lectura

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

  As BIBLIOTECAS dos colexios e institutos públicos de FERROLTERRA adicámoscho. Preme aquí.

"Carga coas túas dúbidas e entra na biblioteca. Aí están todas as respostas das que dispón o home. Non son todas as que o home quixera, pero de momento é o que hai. Le, neno, enche as maletas, pero non por iso deixes de correr e rir, cantar e namorarte. A vida tamén é un bo libro e merece a pena lelo con ledicia."

 Xoán Farias

Mar Guerra e A Solaina

Hoxe gozamos falando de escribir.

A escritora Mar Guerra, "Premio Merlín de Literatura Infantil 2008 de Xerais", encheu coa súa naturalidade a nosa biblioteca de realidade e fantasía.

O motivo da visita? Transmitirnos a ledicia da lectura e da escritura a través do seu libro que estamos a ler:" Xenaro e a hucha do indiano", libro no que como ela ben di, nada é o que semella.

A partir das nosas preguntas, fomos descubrindo o seu segredo de ser escritora: superarse a si mesma.

Contounos que os seus temas baséanse na vida cotiá, na realidade que observa, nos sentimentos... e, ensinounos que, coa constancia, todo, todo se pode conseguir.

Falounos con orgullo das súas orixes, da súa vida  e, de que o mellor de todo de conseguir o premio é poder ir aos colexios para estar connosco

Rematamos a mañá cun xogo de palabras escritas por nós das que seleccionamos as que máis nos gustaron tanto polo seu son coma polo seu significado.

Grazas Mar polo bo rato que pasamos hoxe contigo.

Os nenos e nenas de 6º dende o programa de Animación á lectura.

 

LENGUA CASTELLANA : " Nata y Chocolate"

Hoxe foi un día especial no noso centro.

Estivemos agradando a escritora Alicia Borrás Sanjurjo, autora do libro "Nata y chocolate".

Lemos este libro os alumnos de 5º curso  no Proxecto Lector cunha gran satisfacción dende un principio, e esperamos impacientes que a súa autora nos falara del.

Alicia nos trasladou a realidade do acoso escolar a través de Sonia-apodada Nata por ser albina-e Lola, protagonistas principais da obra. Nos describe no libro como Sonia, nena calada e solitaria, sofre os abusos dunha compañeira, feitos nos que ninguén repara  ata a chegada dunha nova mestra que fai que todo cambie para elas.

A autora, cunha grande sensibilidade e cercanía cara nós, respostou a todas as nosas preguntas, dando así viveza ao libro que... mirade si nos gustou, que algún de nós o adquiriu para a súa biblioteca da casa, tendo así a oportunidade de poder  adicarllo Alicia Borrás.

As curiosidades de cando o escribiu, en que e quen se baseou para idealo, como foi a relación coa ilustradora... foron dando forma a todas as nosas dúbidas.

Dende 5º A e 5º B volo recomendamos¡¡¡¡

 

Distribuir contido