Animación á lectura

2 de abril: Día do Libro Infantil e Xuvenil

O dia 2 de abril é unha data para lembrar e ler cos nosos nenos e nenas aqueles libros que, xa na nosa infancia, nos facían soñar, imaxinar, desfrutar... e coñecer outras realidades de vida lonxana, futura ou actual.

Para a celebración desta data, publicouse sobre o escritor homenaxeado no Día das Letras galegas, Valentín Paz Andrade, a súa biografía e antoloxía.

Dende a sección da nosa biblioteca-Recomendámosche- animámoste á súa lectura. 

Neste enlace, un dos grandes da literatura: http://blog.anayainfantilyjuvenil.es/wp1/?p=3896

Animación á lectura en marzo

   Como broche final dentro do Proxecto de animación á lectura, mañá mércores, 22 de marzo, e o xoves, día 23, teremos o pracer de recibir á escritora Teresa González Costa  25º Premio Merlín2010 co seu libro "A filla do ladrón de bicicletas", un libro homenaxe ás bicicletas, como di a propia  autora no que se combina a tenrura e humor nunha historia na que o esforzo dunha nena por alcanzar os seus sonos, forman o entramado da obra .

 

 E ao escritor X.H. Rivadulla Corcón, xa que co seu libro "Os piratas da illa da Esperanza", mantivo o interese pola lectura nunha novela na que a amizade e a vida están presentes.

  

Para ámbolos dous, así como a todos os que fixeron posible  estas visitas, e despertar  así o interese do alumnado por descubrir o pracer de ler, o agradecemento por parte de toda a Comunidade educativa.  

O alumnado tomou nota da charla. O seu contido no PDF.

En directo cos escritores

Na procura de atopar na lectura o mundo que abre as portas de distracción, aprendizaxe, evasión... dende a biblioteca prémiase este logro co mellor dos agasallos:

"Dialogar en directo cos autores dos libros que nos fan vivir a mellor das aventuras"

Para iso, estannos visitando os escritores que nos fixeron disfrutar no Proxecto Lector cos seus libros.

  • 1 de marzo: A chave da Atlántida, de  Anxo Fariña. Imaxes. Visita.
  • 7 de marzo: Los caballos de mi tío, de Gonzalo Moure. Imaxes.Visita.
  • 13 de marzo:  O souto escuro e perigoso, de Xosé Tomás.Imaxes

       

No PDF adxunto pódense ler os artigos e ilustracións de algún alumno/a.  

                                                      

Falamos co Silvestre Gómez Xurxo

   Este xoves, 16 de febreiro, o alumnado de cuarto de primaria sometimos ao escritor Silvestre Gómez Xurxo a un bombardeo de preguntas sobre a súa obra en xeral (agora sabemos que tamén escribiu libros de texto),  a novela "Ti non xogas", a súa vida como escritor e tamén como mestre.

   Como foron compañeiros de traballo nun colexio de Tui , o mestre de música Juan, fixo a presentación.

   Agradecemos a Silvestre a súa presencia no centro. Pasámolo moi ben na súa charla e tivemos a sorte que nos asinou os libros.

   Grazas, Silvestre.

   As fotos pódense ver na Galería.

Charla co escritor Silvestre Gómez Xurxo

   O vindeiro xoves, 16 de febreiro, dará unha charla para o alumnado de cuarto, na biblioteca do centro, o escritor Silvestre Gómez.

   Nas dúas aulas estamos acabando de ler o seu libro  "Ti non xogas", onde un rapaz de nove anos ten problemas no patio do colexio cun compañeiro bastante mandón...Menos mal que ten a axuda de Phanti!

Animación á lectura no primeiro ciclo de primaria

   Durante o primeiro trimestre estamos a levar a cabo actividades de dinamización de lectura cos nenos e nenas do primeiro ciclo  en relación cos contos clásicos.

   Na actividade de "caixa máxica", un mundo de fantasía e imaxinación se abre a través dos obxectos máis característicos de once contos clásicos que os nenos e nenas teñen que relacionar coa obra correcta, desenvolvendo así destrezas tan importantes como a expresión oral, a memoria, o pensamento asociativo,... e, sobre todo, pasando un bo rato arredor dos libros.  

Visita á Biblioteca Municipal

   

  Hoxe, 15 de novembro, o alumnado de  4º A e 4 B fomos á Biblioteca Municipal, no Alto do Castiñeiro, para coñecer ben estas instalacións e as posibilidades que nos ofrecen.

   Fixemos o desprazamento en autobús. Un primeiro un grupo de nove e media a dez e media, e logo, o segundo grupo,  de dez e media a once e media.

   Na biblioteca, Ainhoa, unha bibliotecaria moi amable, ensinounos as tres plantas do inmoble e como  está organizado o funcionamento desta biblioteca en xeral.

   Temos información na súa páxina web http://biblioteca.naron.es/labiblioteca.php

Actividades de Biblioteca no segundo ciclo de Primaria

   O alumnado do segundo ciclo de primaria estivemos participando en actividades de acercamento á Biblioteca do centro.

   Arredor da data de conmemoración do "Día das Bibliotecas" (o 24 de outubro ) fomos toda a clase xunta á biblioteca e fixemos unha pequena festa, con invitación incluida.

   Había bandexas de libros cas novedades, recomendacións,... todos moi interesantes e que poidemos follear a pracer... Ao remate, cada neno levou un libro en préstamo para a súa casa.

   Ah! Esquecíame decir que tamén había galletas que compartimos entre todas e todos moi gustosamente.

24 de outubro: Día Internacional da Biblioteca

"El que lee mucho y viaja mucho, sabe mucho y ve mucho". Esta frase de Miguel  de Cervantes, autor del libro Don Quijote de la Mancha, fainos reflexionar sobre a importancia de ler e viaxar. de llibro D

 Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día Internacional da Biblioteca e a súa importancia como punto de encontro para todas aquelas persoas ás que lles gusta ler. Os que asisten ás bibliotecas, tanto este día como calquer outro, adéntranse, a través da lectura, no mundo da cultura, da imaxinación, da formación,..

Esta data celébrase no centro con diversas actividades promovidas dende a biblioteca do centro.

Aquí vos deixamos o cartel deste ano e un enlace onde podedes atopar escritores, libros, ideas..., e, outras cuestións  que  permiten somerxerse no mundo da lectura.

 

 

Lembramos que a biblioteca escolar está aberta tódalas tardes de 16.00h a 18.00h -agás as dos martes- e, nela, podedes atopar unha grande variedade de libros de lectura, consulta,...tanto en galego coma castelán ou inglés. 

Lecturas para a igualdade

Ao longo desta semana, do 23 ao 26 de maio, dentro do Programa de Animación á Lectura ofertado polo Concello aos centros educativos, o alumnado de E. Infantil, 1º ciclo de Educación Primaria e 3º curso do 2º ciclo, están a participar en diversas actividades segundo o proxecto "Lecturas para a igualdade".

Tanto as reseñas dos libros traballados coma a letra da canción que ambienta esta actividade, pódese descargar nos adxuntos .

 

Distribuir contido