Animación á lectura

Lecturas neste verán

O verán é un bo momento para gozar da lectura. Por iso, dende a biblioteca do CEIP A Solaina suxerimos ao alumnado para este período vacacional as obras que figuran no díptico.

Preme aquí para coñecer o contido do libro elixido.

 

23 de abril. Día do Libro no CEIP A Solaina

Este 23 de abril, e unha vez que remate o día, será lembrado polo alumnado do centro como un  día no que a xornada escolar contou cunha figura especial:

Don Quixote.

A organización de diversas actividades na biblioteca permitiu que os máis pequenos que se están a iniciar na lectura, puidesen escoitar narrar aos seus compañeiros as aventuras do Ingenoso Hidalgo Don Quijote  de la Mancha

 

 

 Previamente, a visualizacion da serie de TVE de debuxos animados, fixoos vibrar de emoción co que lle  acontece a este fidalgo na súas aventuras como cabaleiro andante.

 Para os de maior idade, as figuras de Cervantes e Shakespeare, estiveron presentes á hora de coñecer a súa vida, obra e trascendencia a nivel universal como escritores clave na historia do mundo das letras.

 O equipo de biblioteca do CEIP A Solaina espera que no día de hoxe, Día do Libro, puideras adicar un rato a achegarte a algunha  biblioteca para contar coa sempre grata compañía dun libro.

Imaxes das actividades.

Animación á lectura:"Feliz Feroz"

   O alumnado de 1º e 2º de Educación Primarira tiveron o pracer de contar co autor dun libro que traballlaron en cadansúa aula, falamos de El Hematocrítico e do libro

"Feliz Feroz"

que, como podemos supoñer, vai dun lobo aínda que un pouco peculiar...

   Coméntase que ata o lobo Feliz Feroz andivo pola biblioteca! 

   Ahí deixamos as fotos para que o descubrades.   

 

 Imaxes da galería.

   A editorial KALANDRAKA conmemora o aniversario da liberación de Auschwitz coa publicación do libro "A historia de Erika" que narra a historia dunha supervivinte do Holocausto que rememora o tráxico destino do que se liberou cando tiña tan só uns meses de vida. 

   Neste enlace temos a información sobre este libro.

 

Narración: adaptacións de contos tradicionais

O narrador canario, Antonio López, encheu  da alegría ao alumnado do noso centro o venres, 19 de marzo, coa narración de adaptacións de contos tradicionias; narracións das que fixo partícipes tanto a alumnado como a mestras, tal e como recollen as imaxes.

O obxectivo de "dar vida a contos tradicionais" trasmitidos de xeneracións en xeneracións, deixou na biblioteca unha actividade especial grazas á colaboración do Padroado de Cultura do Concello que, dentro do VI Encontros Internacionais de Narración Oral, achegou o referido narrador ao noso centro.

Contos como: "El espejo",  "La princesa caprichosa" ou "La flor de oroval" ,  serán punto de partida para fomentar a lectura entre o noso alumnado, así como favorecer a conversa cos seus avós e,  lembrar con eles estes contos cargados de ensinanzas!

     

 

 

 

 

 

 

Alicia Borrás na Solaina

Este venres, 13 de marzo, a escritora Alicia Borrás Sanjurjo acompañou ao alumnado de 5º de Ep  dentro do programa de actividades da biblioteca de Animación á lectura. 

A escritora, unha vez que se presentou, adicou parte da xornada a dialogar co alumnado, entablando con eles e con elas unha conversación fluída e reflexiva sobre as situacións que viven os protagonistas da súa obra "Nata y Chocolate" y "Nata y Chocolate invencibles", así como as súas vivencias de escritora

 

                              

 

 

Animación á lectura 2014-2015

Este curso 2014-2015 son diversas as actividades  propostas dentro do marco da Animacíon á lectura da nosa biblioteca

Cada ciclo ou nivel contará coa visita programada do/a autor/a dos libros lidos polo alumnado, facéndonos partícipes da súas historias.  

O inicio foi este mércores, 11 de febreiro. Os nenos e nenas de infantil recibiron unha grata sorpresa... a visita do contacontos Iago lópez, que veu a marabillarnos coa historia de Augusta e os seus medos, álbum ilustrado e escrito por Sabela Fernández Trelles. 

Imaxes do acto.

O 13 de maio, o alumnado de 5º contará coa presenza de Alicia Borrás Sanjurjo. As obras "Nata y chocolate" e "Nata y chocolate invencibles", serán as protagonistas ese día.

No mes de maio, será o turno para o alumnado de 6º que recibirá ao escritor ferrrolán Antón Cortizas o cal amosará a todos nós a súa extensa obra; obra presente na nosa biblioteca.

 

 

 

Animación á lectura 2013-2014

Actividades de animación á lectura. Curso 2013-2014

Paula Carballeira na Solaina

No  marco de actividades do concello de Narón do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL, e desenvolvendo nos centros educativos esta actividade co fin de promover a animación á lectura, este venres, día 17, estivo no centro a  escritora nada en Fene, Paula Carballeira.

Co seu saber facer todos os presentes desfrutamos coa animación dos seus contos facendo partícipes activos dos mesmos ao alumnado.

Máis información no blog asolainabiblio.

 

A propósito de Castelao

Son moitas as persoas que tal día como hoxe, 7 de xaneiro,  lle rinden homenaxe.

Como escritor soubo reflectir mellor que ninguén a vida cotiá galega e sobre todo o seu sentir por Galiza. Achegarse á súa figura faranos sentir viva a súa mensaxe.

Nos fondos bibliográficos da nosa biblioteca atoparás obras súas que non debes esquecer porque Castelao así o pretendiu.

Os seus libros: Cousas, Sempre en Galiza, Os dous de sempre,... esperan ser lidos por ti.

 

 

A Biblioteca do centro reanuda a súa actividade

      A biblioteca do centro reabre as súas portas para continuar presentando, durante o curso académico 2013-2014, esa importante labor que realiza día a día, ano a ano: o fomento da lectura entre o alumnado.

Este ano a apertura de portas é especial por dous motivos. 

Por unha banda, porque a biblioteca vén de pasar por un periodo de reorganización dirixida a acadar melloras nos servizos que presta ao alumnado co fin último de adaptarse aos novos tempos e necesidades escolares. Así, o equipo de biblioteca  esmerouse nestes meses para que a partires de agora toda a comunidade educativa poida disfrutar co NOVO FONDO  de libros e material co que conta a nova instalación.

Por outra banda, porque a biblioteca do CEIP A Solaina pasa a formar parte do PLAMBE o que, sen dúbida, redundará no beneficio de todos aqueles que se acerquen a ela

Así que nenos e nenas da Solaina xa sabedes onde podedes descubrir novos mundos a través dun compañeiro ideal: un libro. 

Descarga aquí a organización e funcionamento

E para celebralo, nada mellor que retomar o blog.

 

A Biblioteca de Narón vén de organizar actividades para o 24 de outubro, Día das Bibliotecas.

As familias interesadas en participar nestes actos comunicarán a súa asistencia na propia Biblioteca ou no teléfono 981 382 173.

 

Distribuir contido