Educación Viaria

CAMPAÑA SOLIDARIA DE DOAZÓN DE BICIS 2019.

 

 

 

Como cada ano nestas datas, o Equipo de Educación Vial do Concello de Narón fai a campaña:

                   "A TUA VELLA BICI VALE UN SORRISO"

Con esta iniciativa pretendemos recoller bicis, patinetes, bicis estáticas que xa non teñen uso no fogar para que poidan ser utilizadas por outras nenas e nenos ou adultos.

Este ano estas bicis serán recollidas e doadas para tódolos colexios de Narón, para que os nenos e nenas do propio colexio en caso de que non teñan bici ou calquera outra causa podan facer uso dunha nas actividades que se realizan no colexio como marchas ciclistas ou talleres de aprendizaxe do uso e manexo da bicicleta.

Informamos ás familias para que teñan coñecemento desta iniciativa e se queren doar bicicletas ou patinetes o fagan deixándoas no propio colexio ou na nosa oficina de Educación Vial no Concello de Narón en horario de 9 a 13:30 horas tódolos días da semana.


A data límite para esta entrega de bicis, patinetes ou bicis estáticas será ata o 20 de decembro. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

CONSELLO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL DO CONCELLO DE NARÓN.

O Concello de Narón ven de propoñer aos participantes nos programas de educación viaria unha  nova forma de participación cidadá:  

CONSELLO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL. C.P.I. DE NARÓN.

Fonte:Concello de Narón 

Así @s alumn@s de tódolos colexios poderán facer as súas propostas e suxestións nos temas que consideren oportunos para mellora-la vida cotiá como veciñ@s de Narón.

Estas propostas serán levadas a unha sesión plenaria na que cada voceir@ poderá expoñelas ao resto de representantes tanto escolares como municipais.

 + INFO premendo na  imaxe .

 

EDUCACIÓN VIARIA. CALENDARIO DO 1º TRIMESTRE 2019-20.

ACTIVIDADES  "APRENDO PEDALEANDO"

 

 

CALENDARIO 1º TRIMESTRE.CURSO 2019-20

 

DÍA MES ACTIVIDADE CURSO

VENRES,15

NOVEMBRO

APRAZADA        VISITA EN BICI AO

CIRCUITO DE INERCIA (PUMP TRACK)

 MÉRCORES,20 NOVEMBRO 

 OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL

EN PARQUE FERROL 

5º 
VENRES,22  NOVEMBRO MARCHA EN BICI POLA IGUALDADE DE XÉNERO DO CONCELLO DE NARÓN. 5º 6º

CAMIÑOS ESCOLARES :TROCO DAS "PEGADAS" POLOS AGASALLOS.

 

O Concello de Narón ven de facer o balance do programa “Camiños Escolares Seguros” unha vez se aproxima o fin de curso: un total de 859 alumnos/as dos colexios de Piñeiros, Ponte de Xuvia, Jorge Juan e A Solaina participaron nesta iniciativa, o que supón unha adhesión superior ao 90% do alumnado destes centros.

Os nenos/as recibiron unha “Pegada” (un punto) por cada día que acudiron ao cole en bici, patinete ou camiñando e agora dispoñen ata o 15 de xullo para trocalas por agasallos.

O catálogo pode consultarse na web: http://pegadas.naron.es ou na aplicación “Pegadas”, dispoñible para dispositivos Android.

VISITA AO COLEXIO DOS GRUPOS DO PROXECTO ON YOUR BIKE! ABRIL 2019

                                                                  

O CEIP A SOLAINA  de Narón participa como socio no proxecto europeo de  educación viaria ON YOUR BIKE! dentro do programa ERASMUS +, xunto a outros dous colexios e mailo Concello de Narón.

O martes día 9 de abril recibiremos no colexio a visita dos grupos de alumnado e profesorado dos diferentes países que participan neste proxecto.

                  

CALENDARIO ACTIVIDADES ED. VIARIA. 3 º TRIMESTRE.

 PROGRAMA "APRENDO PEDALEANDO".

 

3º TRIMESTRE.CURSO 2018-19.

 

DIA

MES

ACTIVIDADE

CURSO

 VENRES, 3

MAIO

XII MARCHA CICLISTA ESCOLAR 

3º,4º,5º e 6º E.P.

 XOVES,16

MAIO 

VISITA AO TANQUE DE TORMENTAS 

5º E. P. 

MÉRCORES,5

XUÑO

OBRADOIRO DECORACIÓN DE CASCOS

1º e  2º E. P.

MÉRCORES,5

XUÑO

VISITA E OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL

6º E.P.

MARTES, 11

XUÑO

TALLER DE BICIS

6º E.P.

LUNS,17

XUÑO

VISITA IES

AS TELLEIRAS

6º E.P

 

                                                                        

 

                          

CALENDARIO ACTIVIDADES ED. VIARIA. 2º TRIMESTRE.

                                                                           EDUCACIÓN VIARIA.

                                              ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE.

DIA MES ACTIVIDADE CURSO
MARTES,19 FEBREIRO CARRO EDUCACIÓN VIARIA

 

1º 

 

MARTES,19 FEBREIRO CIRCUITO DE HABILIDADE

 

 

XOVES,21 FEBREIRO CARRO  EDUCACIÓN VIARIA

 

 

XOVES,21 FEBREIRO CIRCUITO DE HABILIDADE

 

 

             

                 Podedes ver algunhas imaxes premendo no seguinte enlace.

 

 

  CARRO EDUCACIÓN VIARIA                                  CIRCUITO DE HABILIDADES

                                                            

"A TUA VELLA BICI VALE UN SORRISO" 2018

Como cada ano nestas datas, o Equipo de Educación Vial do Concello de Narón fai a campaña:

                   "A TUA VELLA BICI VALE UN SORRISO"

Con esta iniciativa pretendemos recoller bicis, patinetes, bicis estáticas que xa non teñen uso no fogar para que poidan ser utilizadas por outras nenas e nenos ou adultos.

Este ano estas bicis serán recollidas e doadas para tódolos colexios de Narón, para que os nenos e nenas do propio colexio en caso de que non teñan bici ou calquera outra causa podan facer uso dunha nas actividades que se realizan no colexio como marchas ciclistas ou talleres de aprendizaxe do uso e manexo da bicicleta.

Informamos ás familias para que teñan coñecemento desta iniciativa e se queren doar bicicletas ou patinetes o fagan deixándoas no propio colexio ou na nosa oficina de Educación Vial no Concello de Narón en horario de 9 a 13:30 horas tódolos días da semana.


A data límite para esta entrega de bicis, patinetes ou bicis estáticas será ata o 21 de decembro.

                                 

           Grazas pola vosa participación e colaboración.

POSTA EN MARCHA DOS CAMIÑOS SEGUROS

                                                        

O Concello de Narón puxo hoxe en marcha a iniciativa Pegadas para que o alumnado acuda ao centro de maneira autónoma e en condicións de seguridade: só ou en compañía dun adulto, camiñando, en bici, en patinete...

O venres 16 efectuamos unha proba de funcionamento xeral na que xa puideron participar os nenos/as.

Hoxe, luns 19, comezamos de forma oficial os Camiños Seguros. A partir  de agora, o alumnado chequeará a pulseira unha única vez cada día e antes de colocarse na fila.

Pódese consultar a campaña do concello en pegadas.naron.es.

Para ver a noticia na prensa pulsa nos enlaces: Diario de Ferrol, La Voz de Galicia, Galicia Ártabra.

                                                                                

                                                                        

Distribuir contido