Animación á lectura

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Desde o Equipo de Biblioteca queremos conmemorar o día do nacemento de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, compartindo con toda a comunidade educativa do CEIP A Solaina un Genially que recolle algúns aspectos básicos da vida e obra da poeta galega.

 

 

Día Internacional da Lingua Materna 2021

O 21 de febreiro celébrase o Día Internacional da Lingua Materna para promover a consciencia sobre a pluralidade lingüística. Na imaxe podes acceder á proposta do Portal da Lingua Galega.

 

11 DE FEBREIRO DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Desde o equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar do CEIP A SOLAINA, queremos conmemorar esta data, publicando aquelas obras literarias infantís e xuvenís que contan a vida de mulleres que destacaron no eido da ciencia, e que temos dispoñibles para o alumnado e que traballarán nos vindeiros días.

Unha colección ilustrada e educativa que pon de manifesto as numerosas contribucións das mulleres no eido das matemáticas, as tecnoloxías, as ciencias, o coidado do medio ambiente... coa finalidade de loitar por un mundo mellor.

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA

Este sábado, 24 de outubro, celébrase o Día Internacional da Biblioteca. Desde a Biblioteca Pública Municipal de Narón, propóñennos participar nunha serie de actividades na Praza de Galicia desde as 11 da mañá. É necesaria a inscrición previa. Animádevos a participar!

 

 

E para ir facendo boca convídannos ás persoas maiores de 16 anos, o mércores 21, a un obradoiro práctico con Pedro Brandariz, titulado Como contar contos?

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020_RICARDO CARVALHO CALERO

LETRAS GALEGAS 2020

RICARDO CARVALHO CALERO

O día 17 de maio é para os cidadáns e cidadás galegos o Día das Letras Galegas desde que, en 1963, a Real Academia Galega (RAG) decidiu dedicarlle esta data a un autor ou autora que destacase na defensa e promoción da lingua e cultura de noso. Este 2020, a RAG tomou o acordo de honrar nesta celebración a Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), de quen a douta institución salienta o seu compromiso galeguista, que o levou mesmo a sufrir cárcere tras a guerra civil; a súa faceta de creador literario nos eidos da poesía, da narrativa e do teatro; o seu labor no campo da historia literaria galega, do que pode considerarse fundador coa monumental Historia da literatura galega contemporánea (1963); o feito de ser o primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e a influencia, nos últimos anos da súa vida, das súas ideas sobre a lingua propia de Galicia. A traxectoria de Ricardo Carvalho Calero pode rastrexarse nas numerosas institucións e entidades vinculadas á lingua e á cultura galegas das que formou parte ou que recoñeceron o seu labor. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, do Partido Galeguista, da Real Academia Galega e da Academia de Ciências de Lisboa, ademais de membro de honra da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua (AGAL); dirixiu o colexio Fingoi; participou activamente nas actividades do Grupo Galaxia; foi recoñecido coa Medalla Castelao da Xunta de Galicia (1984) e declarado Fillo Predilecto de Ferrol (1990) ano no que finou.

POEMAS CANTADOS

 

Vídeo elaborado polo IES de Arzúa para achegarnos á figura de Ricardo Carvalho Calero:

 

Atrévete a xogar con Carvalho Calero (AGAL)

InfantiPrimaria

Xogoseneducaplay.com

Pódense realizar no teléfono móbil, na tableta, no encerado dixital ou no computador:

 

RuletadePalabras

(5º e 6º de primaria)

Proba de coñecementos sobre a vida e a obra de Carvalho Calero.

Ligazón: https://i.gal/lmp83

 

Isto tamén é galego

Outraformadeescribiratúalingua

(3º, 4º, 5º e 6º de primaria)

Asocia a palabra coa imaxe correspondente. Así é como se escribe o galego en países como o Brasil, Portugal ou Angola. Esta é a proposta que defendía Ricardo Carvalho Calero.

Ligazón: https://i.gal/3B1rB

 

DitoporCarvalho

(4º de primaria)

Ordena as palabras e forma a frase orixinal.

Ligazón: http://ir.gl/554b

 

SopadasLetrasGalegas

(3º e 4º de primaria)

Procura vocabulario relacionado coas Letras Galegas 2020 e o seu homenaxeado.

Ligazón: https://i.gal/7d8cn

 

Xogo de Memoria

(1º e 2º de primaria)

Procura as imaxes iguais do homenaxeado nas Letras Galegas 2020.

Ligazón: https://i.gal/dlncn

 

Xogo de Memoria

(Infantil)

Xogo de memoria do homenaxeado para alumnos e alumnas do ensino infantil.

Ligazón: https://i.gal/O6nmN

 

Voces e imaxes

(ouvimos a gravación ­ infantil e 1º de primaria) Asocia a voz coa imaxe correspondente.

Ligazón: https://i.gal/yNwyg

Animación á lectura: Pedro Mañas

Organizado polo equipo da Biblioteca, o escritor madrileño Pedro Mañas visitou o noso centro. O alumnado de 4º descubriu a súa obra e coñeceu en persoa os avatares da súa biografía, realizando unha bateria de preguntas ás que o autor respondeu con satisfacción, sobre todo as preguntas relacionadas co libro que tan ben coñece os noso alumnado, Apestoso tío Muffin. Pincha no enlace para ver as fotos do evento.

CHINTO NA SOLAINA

O xoves 5 de abril contamos coa presenza do autor Chinto na Biblioteca do centro. Falounos dos seus últimos libros: Minimaladas e Novas minimaladas. Podes ver no enlace a reportaxe fotográfica co alumnado de 3º nesta animación á lectura.

Visita da escritora María Canosa

Hoxe, 3 de abril, o alumnado de 6º curso da Solaina puido asistir a unha animación á lectura con María Canosa, escritora e, entre outras cousas, colaboradora do programa Coma un allo. Escoitamos a versión persoal sobre o seu libro Muriel e fixémoslle unha morea de preguntas. Podes ver as imaxes no enlace.

 

SEMANA DA PRENSA

Do 6 ao 10 de marzo celébrase nos centros educativos galegos a 29º edición da Semana da Prensa na Escola. Na Solaina dámoslle visibilidade uns días máis para que o alumnado e o resto da Comunidade Educativa se familiaricen tanto coa prensa escrita coma a dixital, sempre tendo moi en conta o espírito crítico que se espera do fomento da lectura en forma de prensa, analisando e contextualizando as noticias que van saíndo estes días. Igualmente no hall temos instalado un acceso directo ás distintas formas de prensa.

Distribuir contido