Un ano mais o cole participa no Contrato Programa EduSaúde, polo que intentamos transmitir habitos saudables que incorporar no noso día a día: por un lado promocionar a práctica deportiva e por outra banda a inxesta de alimentos beneficiosos para o crecemento.
Aquí vos deixamos unha proposta de merendas variadas que podedes seguir cos vosos fillos e fillas durante a semana para a merenda do recreo.
Tamén comentarvos que o Centro participa por terceiro ano consecutivo na proposta «RECREOS RESIDUOS CERO» que consiste en que o alumnado traia a merenda co menos número de envoltorios posibles asi como fomentar o uso de envases retornables como friambreiras para sólidos e botellas reutilizables ou cantimploras para a auga, co fin de eliminar os envases dun só uso.
Un saúdo