TERCEIRO TRIMESTRE E PROPOSTA PARA DIA DO LIBRO
Bos días, estamos a espera de que a Consellería nos dea instruccións precisas sobre o terceiro trimestre, tras a reunión a nivel estatal que se realizou o día de onte. En canto o saibamos, comunicarémovolo.
Por outra banda queríamos propoñer unha pequena actividade para a vindeira semana, pois o xoves 23 é o día do libro.
A proposta é que os nenos e nenas que queiran, se graben en vídeo, lendo un cachiño de conto ou poesía, máximo dous,tres minutos, e nolo enviedes ao seguinte mail:
biblioarmenteira@gmail.com , e nós subirémolo a un blogue da biblioteca que acabamos de crear.
Anímade aos vosos rapaces, esperamos os vosos vídeos!
Saudos virtuais dende a escola.