CEIP A PAZ-Tintureira

 

                                            Ver mapa   Como chegar 

Información na web do Concello de Vigo

                                           Puzzles:  20 pezas  40 pezas  logo 30 pezas  logo 9 pezas

 NOVIDADES:

 
- Menú comedor MAIO 2024
 
- Calendario escolar curso 2023-24
 
- Revista escolar "O Rechouchío" nº 19
 
- Os nosos vídeos en: VIMEO - YOUTUBE

Conecta cos nosos cursos e blogues:

   

 

Blogue de E. Física    

 

Obradoiro de luz negra con Caracatús

A pasada semana tivemos no cole unhas sesión de luz negra, que desenvolveron Sandra e Carla de "Caracatús escola de familias".

Foi unha experiencia xenial, chea de emocións que xurdiron coa chea de propostas que nos tiñan preparadas. REPETIREMOS!!!

  


A vida en familia

Jean Smith (director do Instituto Latinoamericano de Prácticas Restaurativas, entidade internacional que promove a responsabilidade social e fomenta as relacións cidadás) compartiu con nos, nunha formación, estes tres documentos do Ministerio de Educación do Ecuador, os cales brindan ferramientas moi útiles para a resolución pacífica de conflictos en todos os ámbitos. 

Polo que encántanos compartir este valioso material con vos e esperamos que vos sexan de gran utilidade.

 

           

          Comunicación non violenta                                Escoita                         Xestión e estilo de autoridade

Punto Laranxa contra o Acoso Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar
 

 

QUE É O PUNTO LARANXA?

É un espazo para que o alumnado poida comunicar situacións de acoso escolar de xeito anónimo, tanto en formato papel como en formato dixital.

POR QUE USALO?

  • Porque che permite expresar o que che está a acontecer sen medo a represalias.
  • Porque a túa denuncia será escoitada e tomaranse medidas para axudarche.
  • Porque non tes que sufrir en silencio.

 COMO FUNCIONA O PUNTO LARANXA?

Se estás a sufrir acoso ou ciberacoso escolar ou coñeces algún posible caso, axúdanos a paralo!

  1. Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a.
  2. Localiza o Punto Laranxa no teu centro (corredor ao lado de Secretaría.)
  3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no teu centro).

Tamén podes achegar a túa mensaxe a través do Punto Laranxa Virtual  que tes no lateral dereito da páxina web do colexio. As comunicacións realizadas a través deste formulario web irán a un enderezo habilitado para a coordinación de convivencia do colexio.

LEMBRA!

  • O Punto Laranxa é anónimo.
  • A túa denuncia será tratada con confidencialidade.
  • Hai persoas que te queren e te apoian.

LISTAXE ADMITIDOS CURSO 24-25

LISTAXE DE ADMITIDOS

     Xa poden consultar a lista definitiva dos alumnos/as admitidos para o curso 2024/ 2025, no taboleiro de anuncios do centro, ou consultalo telematicamente a través da aplicación Admisionalumnado, empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

     Lembren que entre o 20 e o 30 de Xuño deberán formalizar a matrícula dos seus fillos/as entregando a documentación requerida na secretaría do noso centro, e que publicaremos  a primeiros do dito mes nesta mesma web do centro.

Protección dos menores e prevención de riscos en internet.

 

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2024

 

O venres 23 de febreiro celebramos no colexio o día de "Rosalía de Castro".

O programa foi o seguinte:

- Lectura da biografía de "Rosalía de Castro".

- Recitado do poema "Miña casiña, meu lar" no que participou o alumnado do Centro.

- Música tradicional galega.

- Degustación do "Caldo de Gloria" no comedor escolar.

 

 

Non deixedes de visitar a entrada sobre Rosalía publicada no blogue da Meiga Tintureira.

ENLACE 

 

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

Admisión de novo alumnado.

 


 

A quen vai dirixido este proceso de admisión:

- Alumnado de 6º de Educación Primaria que queira continuar os seus estudos da ESO nun instituto diferente ao IES Coruxo.

- Alumnado dos distintos cursos do noso centro que queira cambiar de colexio.

- Alumnado que se escolariza por primeira vez: 4º Educación Infantil (3 anos).

 

Prazas dispoñibles no noso centro:

 

- 4º de Infantil, 20 vacantes

- 5º Infantil, 6 vacantes

- 6º Infantil, 0 vanactes

- 1º Primaria, 7 vacantes

- 2º Primaria 0 vacantes

- 3º Primaria, 0vacantes

- 4º Primaria, 0 vacantes

- 5º Primaria, 13 vacantes

- 6º Primaria, 0 vacantes

 

Prazo: 1-20 marzo

 

Solicitude: Imprimir, cubrir e entregar ANEXO II

 

 As solicitudes poden presentarse tamén por vía electrónica, mediante formulario normalizado disponible na aplicación informática “admisionalumnado” (https://www.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

Que debo entregar:

. O anexo II (Cod. ED550B) cuberto e asinado.

. Fotocopia do libro de familia de todos os membros da unidade familiar

 

Lugar de entrega:

 

. Na secretaría do centro solicitado como 1ª opción.

 

No caso do noso centro preferiblemente de 09:15 a 10:00. 

 

Que debo ter en conta:

. Cada alumno/a somentes pode entregar unha única solicitude, esta debe ser entregada no centro en que pretenda ser admitido en primeiro lugar.

. A solicitude deberá ser asinada por ambos proxenitores ou polos representantes legais.

. No caso de separación, no que a patria potestade esté atribuída, con carácter exclusiva, a un deles, e preciso presentar ademais a resolución xudicial correspondente.

. No caso de familia monoparental, esta deberá acreditarse segundo o recollido no artigo 25 da orde de 12 de marzo de 2013.

. Para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), achegarase xunto coa solicitude, a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición.

. Para a valoración da renda da unidade familiar, constará a cantidade que resulte da suma das casiñas da base impoñible xeral (392) e da base impoñible do aforro (402) da/as declaración/s do imposto sobre a renda das persoas físicas (exercicio fiscal 2017).

. O punto do baremo que fai referencia ao criterio complementario asignado polo centro será otorgado aos fillos de antigos alumnos ou alumnas.

  • A listaxe provisional de Admitidos coñecerase en torno ao 25 de Abril.

Entroido 2024

                 

O pasado venres día 9 de febreiro celebramos o entroido no noso cole. 

Debido ás inclemencias do tempo tivemos que aprazar o xuízo do meco, pero o venres 16, este pequeno trasno non se librou de nos. 

Aquí tedes o vídeo onde podedes ver o ben que o pasamos.

VÍDEO

 

Tamén deixámosvos as fotos de grupos e da festa que tivemos despóis do suoer desfile que fixeron on todos os nenos e nenas do cole. 

 

 FOTOS

 

Esperamos que o pasárades tan ben coma nos.

 

 

Distribuir contido