Orientación

Plan do Concello en colaboración coa Asociación Érguete.

                              

"RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS" A SEGUNDA CHARLA PARA FAMILIAS ORGANIZADA POR PLDA E IMPARTIDA POLA ASOCIACIÓN ÉRGUETE.

  O pasado martes pola tarde, tivemos no centro a segunda das charlas solicitadas polo Departamento de Orientación que organiza o  PLDA de Vigo. Estas charlas están enmarcadas no Plan de ámbito familiar “Máis que un teito” e son unha gran oportunidade para que as familias poidades, recibir información sobre temas que vos interesan, compartir experiencias e resolver dúbidas que se presentan continuamente na educación dos vosos fillos e fillas.

Como a anterior charla que se desenvolveu na biblioteca do centro, foi impartida por Lucía da Asociación Érguete, e tratou sobre “Resolución de conflictos”.

Tendo en conta a situación que estamos a vivir, grazas pola vosa  asistencia e participación compartindo dúbidas e experiencias.  Educar xuntos, sempre é máis doado.

TIVEMOS UNS OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Desenvolvéronse nas aulas de 6º de Educación Infantil (5 anos), 2º, 4º e 6º de Educación Primaria.

Estes obradoiros ofertados pola Concellería de Igualdade do noso concello, complementan a nosa labor como docentes, porque perseguen que o alumnado, en función das súas idades, vexa os estereotipos de xénero existentes nas tarefas familiares, xogos, relación, no uso da linguaxe, nos medios de comunicación. Quere axudar a formar en valores e actitudes de igualdade que ensinen a compartir dende o respecto, o recoñecemento mutuo, a autonomía e a corresponsabilidade.

Tamén, axudan a previr a violencia sexual, reflexionando sobre as formas, mensaxes e actitudes aprendidos de forma cotiá que implican relacións de desigualdade, e que fomentan actitudes violentas. E amosan  e fomentan outros modelos de relación máis igualitarios en todos os ámbitos e medios de comunicación. 

NOVO BLOGUE DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Desde o Departamento de Orientación do colexio, informamos que a partir de hoxe os comunicados e informacións do departamento Orientación serán realizados a través do novo blogue que poñemos a vosa disposición.

Poderedes acceder a el a través da páxina principal da web do colexio clicando na seguinte icona.

 

 

Recomendacións e consellos para familias de nenos e nenas con TEA

Dende o departamento  de Orientación queremos  axudar ás familias do alumnado con TEA a levar mellor estes días tan duros para todos e todas con estas recomendacións e consellos.

Moito ánimo e forza!

ENLACE

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Informase, dende o Departamento de Orientación, da convocatoria das axudas para alumnos e alumnas con necesidade especìfica de apoio educativo.
-O prazo de presentaciòn è ata o 26 de setembro.
-Os solicitantes deberán,como os cursos pasados, cubrir a solicitude vìa internet neste enlace:
http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-infantil/becas-ayudas-premios/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html
Unha vez cuberta, terán q imprimila,asinala e levala ao gabinete para q cubra o apartado que lle corresponde.
Todo isto xunto co resto da documentación  entregarase  no Departamento de Orientaciòn do colexio o antes posible.
O horario de Orientaciòn será os xoves e venres de 9:15 a 14:15 e os mèrcores de 11:30 a 14:15.
Grazas. Un saúdo.

BECAS e AXUDAS ANEAE para gabinete psicopedagóxico

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

das axudas ANEAE:

 

 

Por resolución del Secretario de Estado de Educación, F.P. y Univ. de 27 de septiembre de 2016, se amplía el plazo de presentación de solicitudes de la convocatoria da ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso 2016-2017 hasta el día 6 de octubre inclusive.

Becas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía internet nesta ligazón
Despois de cuberta a solicitude teñen que imprimila, asinala e levala ao gabinete para que a cubran e selen no seu apartado.
Esa documentación tramitarase dende o Departamento de Orientación coa inspección educativa.

O PRAZO DE RECEPCIÓN DA DOCUMENTACIÓN NO COLEXIO REMATA O DÍA 29 DE SETEMBRO, (xa que o prazo para a tramitación na consellería remata o día 30).
Por favor non esperen ao último día para evitar complicacións.

Máis información

Distribuir contido