Samaín

SAMAÍN E MAGOSTO

Para celebrar o Samaín e o Magosto tivemos un día repleto de actividades. 

Comezamos o día recibindo un recorte de periódico no que Antolín nos pedía axuda. Tivemos que superar unha serie de probas para salvar o Mundo.

Despois celebramos o magosto. E rematamos a tarde con xogos dirixidos polo alumnado de 6º.

Deixámosvos un resumo coas fotos da xornada.

 

SAMAÍN E MAGOSTO

Empezamos o día cunha sorpresa terrorífica (o túnel do terror non podía faltar neste día). Despois tivemos tempo de xogos, e rematamos o día co magosto!
Tamén queremos darvos as grazas pola vosa creatividade nos adornos de Samaín que fixestes cos vosos fillos e fillas, xa que todos e cada un deles eran espectaculares. Ensinámosvos unha pequena parte de todo o que adornou o noso cole esta semana.
Bo Samaín! Happy Halloween!
 
 

THIS IS HALLOWEEN

Este Halloween bailamos todos ao ritmo de "This is Halloween".

SAMAÍN

Aquí vos deixamos un resumo das actividades que realizamos por Samaín: exposición de cabazas, baile de halloween, túnel do terror, concurso de relatos de medo...

 

DECORACIÓN CABAZAS SAMAÍN

SAMAÍN E MAGOSTO 2019

Os nenos e nenas do cole de Oural, como xa é tradición  cada Samaín, decoraron cabazas xunto coas súas familias. Aquí vos deixamos unha foto co resultado do seu traballo.

 

Tamén houbo moitos disfraces.

Durante a mañá tamén fixemos varios xogos como a castaña ao cesto, a pesca das castaña, a ra, a castaña GP ou as carrilanas.  Pasámolo en grande!

 E este ano despois dos xogos.... O TÚNEL DO TERROR!

 

E despois de comer non podía faltar o MAGOSTO!

SAMAÍN HALLOWEEN 2018

UNHA VEZ MAIS O CEIP ANTONIO FERNÁNDEZ LÓPEZ REALIZOU UN OBRADOIRO DE CABAZAS, E TAMÉN CONTOU CO APOIO DAS FAMILIAS, QUE UN ANO MAIS NOS DEMOSTRARON A SÚA CREATIVIDADE.

 

 

TAMÉN TIVEMOS SESIÓNS DE CONTOS DE MEDO NA BIBLIOTECA, E MOITOS DISFRACES.

 

 

 

 

HALLOWEEN-SAMAIN

O SAMAÍN NO OURAL

OS NENOS DE 4º DE E. PRIMARIA PREPARARON UN BAILE MOI CHULO PARA CELEBRAR O SAMAÍN.

FAI CLIC NO ENLACE PARA VELO.

 

BAILE THRILLER

Distribuir contido