Música
DÍA DA MÚSICA
Durante esta semana, aproveitando a celebración do día da música, convertémonos en distintas profesións relacionadas coa música. Comezando por musicólogos e musicólogas e pasando por profes de música, bailaríns, instrumentistas, compositores e ata periodistas musicais. E que mellor forma de coñecelas que meterse na súa pel!
Compartimos tamén o novo programa de RADIO ANTOLÍN que gravaron os nosos periodistas musicais sobre "The Beatles".
DÍA DANZA
Este ano celebramos o día da Danza a ritmo da Tarantela, o Corridinho, o Vals, o Morris Dance, a Polca e o Sirtaki.
VIVIR
Enviado por admin o Ven, 18/10/2019 - 16:00Os nenos e nenas do Ceip Antonio Fernández López fixeron un lipdub da canción Vivir de Rozalen e Estopa para conmemorar o 19 de Outubro, Día Internacional Do Cancro de Mama. Preme na imaxe para ver o vídeo.