APRENDEMOS A COIDAR OS NOSOS BOSQUES #FamiliasNaBiblioteca

Hoxe abrimos as portas da biblioteca a Maite, a mamá de Leo que nos veu a falar do seu traballo. Recalcou a importancia de coidar os nosos bosques para que non ardan e que posibilidades hai para facelo. Tamén nos explicou como saber a idade dunha árbore e se esta estivo exposta a algún incendio ou a seca. Outra cousa que nos contou foi todo o que ofrece o bosque e como combinando o pastoreo e a plantación de plantas ornamentais ou medicinais pode revalorizarse o terreo. 

Que interesante todo o que compartiu co alumnado de 6º! Cantas cousas interesantes aprendemos. Moitas grazas por colaborar coa Biblioteca de Antolín e pola túa paciencia para contestar as preguntas que lles surxiron despois da túa presentación!

CONTOS A CENTOS CON PACO NOGUEIRAS

Que gran forma de celebrar o día do libro! Foi un pracer recibir na nosa biblioteca a visita de Paco Nogueiras Nodar, co seu espectáculo “Contos a Centos”. Lemos, cantamos e bailamos con Do Re Mi polo Camiño e recibimos a Míster Magnolia e ao Chibo Chibón cos brazos abertos!
 

DÍA DA ARTE

O 15 de ABRIL é o día Mundial da Arte, e desde Art dedicamos a semana a pintar obras de grandes mulleres da historia da pintura como Maruja Mallo, Társila do Amaral, Yayoi Kusama, Karla Gerard ou Sonia Delaunay. Todas elas xa están expostas nas paredes do cole!

 

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO #Chamémolo polo seu nome

Dende o Ceip Plurilingüe Antonio Fernández López unímonos á campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o autismo.

#ChamémoloPoloSeuNome 

EASTER EGG HUNT

O alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria estivo facendo a tradicional búsqueda de ovos de Pascua. Serían capaces de atopar todos os ovos que tiñan na súa lista?

VISITA DO CD LUGO

O Club Deportivo Lugo visitounos o pasado martes. O xogador Pablo Clavería compartiu experiencias con todo o alumnado. Ademais, agasallounos cunha entrada para o partido que o equipo disputará en Lugo o vindeiro Domingo. Moitas grazas pola visita!

 

SAÍDA A LUGO E AO CASTRO DE VILADONGA

Este venres 24 de Marzo, marchamos todo o cole de excursión a Lugo. Fomos ao cine a ver a película Momias. Xa pola tarde, os maiores foron a visitar o Castro de Viladonga e tamén participaron nun obradoiro de xoguetes.

 

 

ST PATRICK'S DAY

Hoxe 17 de marzo, celebramos St. Patrick's day. Fixemos manualidades, disfrazamos a Antolín de Leprechaun e ata fixemos un obradoiro de Scones.

Distribuir contido