Mercado solidario- Fundación Aladina

Moitas gracias pola vosa colaboración. Para nós foi unha alegría recibir esta mensaxe da Fundación Aladina.

DÍA DA PAZ 2020

No día escolar da paz e a non violencia os nenos e nenas de infantil fixeron unhas pombas da paz.

 

Todo o alumnado  escribiu os seus desexos para construír un mundo de paz.

Para rematar bailamos todos xuntos a rumba das apertas.

FESTIVAL NADAL 2019

Os nenos e nenas de infantil demostráronnos que son uns artistas, cantando, bailando e tocando instrumentos.

Para ver o vídeo de actuación de INFANTIL PREME AQUÍ

En 1º e 2º, recordáronnos aquelas cancións que bailaron as distintas xeracións en noitevella.

Para ver o vídeo da actuación  DE 1º E 2º PREME AQUÍ

  Os nenos e nenas de 3º fixeron un contacontos: "É Nadal neste curral".

 

Para ver o vídeo da actuación DE 3º  PREME AQUÍ

En 4º e 5º representaron a obra de teatro "O Nadal non é un conto".

 

E para rematar, os nenos e nenas de 6º, representaron un fragmento da obra "Charlie e a fábrica de chocolate".

 

 Para ver o vídeo da actuación de 6º PREME AQUÍ

Bo Nadal e Feliz 2020

3 Decembro- Día Internacional das persoas con discapacidade

Os nenos, nenas e profesorado do Ceip Antonio Fernández López unímonos todos baixo o mesmo paraugas para visibilizar que vivimos nunha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual!

 

CONTACONTOS

Onte tivemos no cole unha sesión de contacontos contra a violencia.

25N- Día Mundial Contras a Violencia de Xénero

Os nenos e nenas do Ceip Antonio Fernández López comprométense a facer da súa aula un espazo libre de violencia de xénero.

 

25N-POR UN MUNDO VIOLETA

Desde o Ceip Antonio Fernández López  rexeitamos a violencia, por iso sumámonos a loita contra a violencia de xénero elaborando un vídeo no que o alumnado interpreta a canción Que se acaben las lágrimas de Huecco. Todos xuntos loitamos  por un mundo violeta. Para ver o vídeo preme na imaxe.

 

Este ano tamén participamos en EQUALITER, un proxecto compartido por distintos colexios de Galicia que pretende ser unha "rede social" (rede de axuda, de apoio, de confianza...) para lembrarlles a todas as persoas quesofren violencia de xénero que non están soas. Preme na foto para ver o vídeo

 

AS FÁBRICAS DE 6º

Os nenos e nenas de 6º fixeron a súa versión da fábrica do libro de "Charlie e a fábrica de chocolate". 

 

 

Distribuir contido