CONVERTÉMONOS EN COCIÑEIROS

O venres acompañounos a mamá de Martín, que respondeu a chamada da nosa mascota Antolín. Converteu ao nosos alumnos da clase de 3 anos en cociñeiros con mandil e goroo incluídos. Entre todos cortaron as froitas para preparar un riquísimo batido. Moitas grazas por compartir este ratiño con nós.

CADEA DE FAVORES

Para conmemorar o día da Paz fixemos unha cadea representando 30 pequenos favores que realizamos no noso día a día.

GRAND PRIX FINANCIEIRO

Hoxe tivemos a visita da Afundación Abanca que nos trouxeron a actividade Grand Prix Financieiro. Un xogo co que aprenderon que o diñeiro se consegue con esforzo, a diferenciar os desexos das necesidades, a que aforrar ten recompensa e a entender valores como a solidariedade.

 

SEMANA DA PAZ NO COLE

A nosa mascota da biblioteca organizou unha semana chea de actividades. 

O luns tocou facer esculturas con materiais do entorno en equipo.

 

Distribuir contido