DÍA DA BICI

Hoxe vivimos unha xornada diferente. Tivemos a visita de STOP ACCIDENTES. O cole encheuse de bicis e patinetes para participar na actividade “Habilidades en bici”. Tamén asistiron en Infantil a un contacontos e o alumnado de 1º e 2º a un Obradoiro de Educación Vial. Que ben o pasaron tod@s!!

 

OBRADOIRO ÁNGELES ALVARIÑO

Hoxe , dentro do Plan Proxecta Donas de Sí, visitáronnos na biblioteca para falarnos de Ángeles Alvariño. Contáronos cousas moitas cousas interesantes dela mentres a ilustradora iba facendo un debuxo.
Despois todos os nenos e nenas se puxeron mans a obra seguindo os pasos que lle ía decindo a ilustradora para facer o retrato de Ángeles Alvariño.

 

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Convocatoria de fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial para o curso escolar 2023/2024.

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

As solicitudes presentaranse prefereiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia. https://sede.xunta.gal

Opcionalmente poderase presentar as solicitudes presencialmente nos centros escolares.

 

 MODELO SOLICITUDE

  • O prazo para presentar solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

 

VISITA AOS BOMBEIROS

 O alumnado de Infantil, 1º e 2º desprazouse ata o parque dos Bombeiros de Sarria para coñecer o seu traballo. Alí ensináronlle a roupa do seu uniforme, o camión de Bombeiros, o camión grúa, como fan excarcelacións...

Mil grazas por toda a vosa paciencia! O alumnado quedou encantado con todo o que lles ensinastes!!

FRIDA KHALO E KARLA GERARD NA CLASE DE ART

Os nosos artistas de 5º e 6º demostraron toda a súa arte cun retrato de Frida Khalo e varias das obras de Karla Gerard.

 

DÍA DANZA

Este ano celebramos o día da Danza a ritmo da Tarantela, o Corridinho, o Vals, o Morris Dance, a Polca e o Sirtaki.

 

VISITA COGAMI

Hoxe tivemos unha xornada de convivencia con COGAMI Lugo. Achegáronse ata o centro e déronnos a coñecer o seu labor e participamos con eles en varios obradoiros. Foi unha xornada moi enriquecedora! Moitas grazas pola vosa visita!

BECAS MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

Resolución de 20 de abril de 2023, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2023-2024.

As solicitudes das axudas  deberán cumplimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es. O prazo de presentación de solicitudes extenderase desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023.

Distribuir contido