Campamento de Semana Santa

Os días 11, 12, 13 e 18 de abril de 8:30h a 14h podedes divertirvos e aprender no campamento que se desenvolverá nas instalacións do pavillón municipal.

As inscripcións realizaranse nas oficinas do concello.

Animádevos!

Campamento de Semana Santa

Admisión de alumnado 2022/2023

Ábrese o prazo de presentación de  solicitudes de admisión de alumnado de cara ao vindeiro curso, dende o 1 ao 21 de marzo, ambos inclusive.

Se o desexan tamén poden informarse e realízala a través da aplicación da Xunta.

CIRCULAR INFORMATIVA

SOLICITAR A ADMISIÓN ONLINE

VACANTES PARA O CURSO 2022/2023

DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR A ADMISIÓN-MATRÍCULA PARA O CURSO 2022/2023

Concurso da Festa da Lamprea

Un ano máis o concello de Arbo convoca un concurso de carteis e redacción con motivo da Festa da Lamprea.

Pódese acceder a toda a información nos seguintes enlaces.

CONCURSO CARTEIS E REDACCIÓN FESTA DA LAMPREA

BASES DO CONCURSO

Configuración do Consello Escolar

Publícase a nova configuración do Consello Escolar do centro, logo da renovación parcial resultado das eleccións producidas no pasado mes de novembro. O novo Consello Escolar constituíuse o día 30 de novembro.

DOCUMENTO

PROCLAMACIÓN CANDIDATOS ELECTOS CONSELLO ESCOLAR


A Xunta Electoral proclama os candidatos/as elixidos despois das eleccións correspondentes á renovación do Consello Escolar.

PROCLAMACIÓN CANDIDATOS

 

VOTACIÓNS PARA A ELECCIÓN D@S REPRESENTANTES DAS FAMILIAS NO CONSELLO ESCOLAR

O vindeiro mércores día 24, no colexio, terán lugar as votacións dentro das eleccións dos membros do sector dos pais, nais ou titores para o Consello Escolar.
O horario de votación será de 16 a 18 horas.
Será moi importante respectar as medidas hixiénico-sanitarias establecidas para a prevención do COVID-19:

- Será obrigatorio o emprego en todo momento da máscara de protección.
- Deberase esperar no recinto exterior e  mantendo a distancia de seguridade.
- Só poderán estar no interior como máximo dúas persoas simultaneamente.
- Deberase aplicar xel hidroalcoholico nas mans ó entrar e hixienizar o bolígrafo antes e despois do seu emprego.
- Ó rematar abandonarase o recinto escolar evitando formar aglomeracións.

COMUNICADO

PROCLAMACIÓN CANDIDATURAS CONSELLO ESCOLAR

Aquí podedes consultar a información, unha vez que xa rematou o prazo para presentación de candidaturas dentro do proceso electoral para a renovación do Consello Escolar.

INFORMACIÓN

Distribuir contido