SERVIZOS MÍNIMOS NA FOLGA DO ENSINO

No documento adxunto indícanse os servizos mínimos establecidos para a folga do ensino do 10 de setembro do 2020.

DOCUMENTO SERVIZOS MÍNIMOS

CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL NO ENSINO

Comunícase que varias organizacións sindicais convocan para este xoves día 10 de setembro, primeiro día do curso 2020-21, FOLGA no ensino de educación infantil e primaria.


Mañá mércores sairán publicados no DOG os servizos mínimos.

A dirección

Información sanitaria da área da Cañiza

A continuación proporcionámoslles un recompilatorio dos números dos centros de saúde e PAC da nosa zona, así como unha guía de actuación fronte a distintos síntomas que se poidan presentar nos seus familiares.

Moitas grazas pola súa colaboración.

NÚMEROS E GUÍA DE ACTUACIÓN

LIMPIEZA Y DESINFECCIÓN DE MASCARILLAS HIGIÉNICAS REUTILIZABLES

CONSIDERACIÓNS SOBRE AS MASCARILLAS

Formiguiñas de 3 anos

Ola formiguiñas!

Espero que disfrutárades do verán. Xa chegou setembro! Que ganiñas teño de vervos!

Familias: Envíovos a información acerca do PERÍODO DE ADAPTACIÓN ( grupos, horarios) e unhas indicacións específicas da aula de 3 anos que houbo que modificar debido á situación na que nos atopamos.

É moi IMPORTANTE que leades o PROTOCOLO COVID mandado polo centro.

INDICACIÓNS ESPECÍFICAS PERIODO DE ADAPTACIÓN

Información e documentos relevantes para o curso 2020/2021

Estimadas familias: 

Estamos a punto de iniciar un novo curso cargado de importantes desafíos para tod@s. Estamos seguros que poremos o mellor de nós para sacar adiante este reto e confiamos en logralo co compromiso e esforzo compartido.

Publícamos o Plan de Adaptación á situación COVID-19 no curso 2020-21 de conformidade co protocolo establecido pola Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional.
Do mesmo xeito tamén se da publicidade ó PLAN DE CONTINXENCIA establecido no protocolo así como o PROGRAMA DE ACOLLIDA.

Acompáñase unha GUÍA-RESUMO do protocolo xeral elaborada pola Consellería.

Por último, publícase a GUÍA PARA AS FAMILIAS PROTOCOLO COVID DO CEIP ANTONIO CARPINTERO que resume a información que consideramos básica dos documentos anteriores. É moi importante que fagan unha lectura pormenorizada deste documento.

As persoas titoras dos diferentes grupos poranse en contacto coas familias nestes días e poderán aclararlle as dúbidas que se lles presenten.

Tamén poderán consultalas telefónicamente no 886110092, preferentemente en horario de tarde de 16 a 20 horas, e a través do correo electrónico do centro "ceip.antonio.carpintero@edu.xunta.gal".

Por último infórmase que o curso empezará, no horario habitual, coa incorporación gradual do alumnado:

- O vindeiro xoves día 10 empezará o alumnado de educación infantil de tres anos (dentro de período de adaptación establecido) e o de catro anos sí como o alumnado de 1º, 2º e 3º cursos de educación primaria.

- Ao día seguinte, venres 11, incorporaranse os grupos restantes: educación infantil de 5 anos e os grupos de 4º, 5º e 6º de educación primaria.

Funcionarán os servizos complementarios de transporte escolar e comedor.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020-21

Comunícase que no DOG de hoxe, 9 de xullo, publícase a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21.

En educación infantil e primaria as clases empezarán o xoves 10 de setembro e rematarán o 22 de xuño de 2021.

A dirección.

ORDE do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Distribuir contido