Actividades

Actividades

Podedes ver as actividades realizadas no blog do cole:

BLOG

ENTROIDO 2020

Xa están dispoñibles as mellores imaxes deste Entroido inolvidable!

 

Volven os obradoiros!

Tod@s estabamos esperando con desexo o comezo das novas sesións de obradoiros neste 2º trimestre.

Grupos novos e un obradoiro de estrea que se une aos xa existentes: a radio escolar!

A primeira xornada foi un éxito absoluto con tod@s orgullosos de levar a cabo un traballo de equipo e aprender de forma distinta.

Día escolar da Paz e non violencia

Este curso o tema principal do noso cole é a cociña. Por iso, neste día escolar da Paz e non violencia quixemos cociñar entre tod@s un caldiño cheo de mensaxes pacifistas e bos desexos.

Así de fabulosa luciu a nosa receita de paz!

Un outono de conto

Grazas á colaboración das familias conseguimos estas incribles instantaneas d@s nos@s cativ@s na natureza cos seus contos favoritos!

Día da BIBLIOTECA ESCOLAR

Dende 1997, conmemórase o Día da Biblioteca cada 24 de outubro. Este festexo pretende trasladar ao público a importancia da biblioteca como lugar de encontro para lectores de todas as idades coa cultura e como instrumento para mellorar a formación e a convivencia humana. @s alumn@s de 6º de Primaria quixeron animar a todo o cole a ler na biblioteca e para iso acudiron a todas as clases a contar un conto xenial. Fixeron as ledicias d@s máis pequen@s que viviron así, unha experiencia distintas cos libros.

Distribuir contido