Skip to Content

CASARES PARA MAIORES

A súa primeira novela foi "Vento Ferido" (1967) onde fala da realidade galega deses anos. No 1969 publica "Cambio en tres", libro que nunca lle gustou moito a Casares. En "Xoguetes para un tempo prohibido" (1975), Carlos fala da súa vida dende que fora neno. Esta última obra gaña o premio especial da Editorial Galaxia e o Premio da Crítica Española do ano 1976.

En 1979 escribe "Os escuros soños de Clío". "Ilustrísima" (1980) fala dun bispo liberal na Galicia de hai 100 anos. En 1987 fai "Os mortos daquel verán", onde mostra o desastre da Guerra Civil en Galicia.

As dúas últimas obras de Casares foron "Deus sentado nun sillón azul", que para os entendidos é a súa mellor novela; e, "O sol do verán", un libro que foi publicado cando Carlos xa falecera.

Os xornais tamén se viron beneficiados polos escritos do autor. Tanto "La Región" como "La Voz de Galicia" tiveron artigos e reseñas dos pensamentos e sentimentos de Casares. Tamén fixo algún traballo para "El País" ou "Faro de Vigo".

Fonte: Biografía de Carlos Casares: Compromiso con Galicia. Edit. Ir Indo.



blog | by Dr. Radut