Skip to Content

TABOLEIRO DE ANUNCIOS

 

  • PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DOS LIBROS DE PRÉSTAMO (FONDOLIBROS)Lembramos que nestas listaxes xa figura o reparto dos libros por materias. Debido á lei de protección de datos, as listaxes soamente serán publicadas no taboleiro situado no interior do edificio. Para coñecer o número de libros e as materias que lle corresponden a cada alumn@ poderán achegarse ao centro ou chamar por teléfono solicitando esta información, identificándose co nome e DNI da persoa solicitante da axuda. HORARIO DE ATENCIÓN: de 10:00 a 12:30.

Xornal 4

APERTURA DO PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

•  Impreso de formalización de matrícula. Descargar impreso
•  Folla de datos complementarios. Descargar impreso
•  Copia do DNI dos proxenitores e d@ alumno@ (se o ten)
•  Copia do Libro de Familia (se NON se entregou coa solicitude de admisión)
•  No caso de separación ou divorcio, copia da sentenza xudicial e/ou do convenio regulador onde conste a custodia d@ alumn@
•  Copia da tarxeta sanitaria
•  Copia da cartilla de vacinacións
•  Informe médico no que conste que, dende o punto de vista sanitario, @ alumn@ se atopa en condicións de matricularse nun centro ordinario
•  Dúas fotografías tamaño carné

TRES ALUMNOS DO COLE ENTRE OS DEZ PRIMEIROS NO CONCURSO INTERNACIONAL SUPERTMATIK

Un ano máis, a participación no concurso internacional de cálculo mental SuperTmatik rematou cuns resultados fantásticos: tres alumnos do noso cole, Gonzalo, Miguel e Leo, de 3º A, acadaron os postos 2º, 4º e 6º da súa categoría.

NORABOA AOS TRES!!!

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2021/2022

O xoves 20 de maio publicouse no DOG a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/2022. Na seguinte ligazón poden acceder á orde:

ORDE do 6 de maio de 2021

O prazo para a presentación de solicitudes abrangue dende o día 21 de maio ata o 22 de xuño do presente ano. Para as persoas solicitantes que dispoñan de certificado dixital ou Chave365, a partires de mañá venres 21 de maio, activarase a presentación de solicitudes mediante Sede Electrónica. Ligazóns para a tramitación en liña:

Sede electrónica

Aplicación FondoLibros

Para a presentación de solicitudes de maneira presencial no centro informamos que, a partires da vindeira semana, publicaremos nesta páxina web toda a información relativa ao proceso, así como as instrucións para a recollida e presentación de solicitudes.

Lembramos que os alumnos de 6º de primaria dispoñen do mesmo prazo e que deben realizar a presentación das solicitudes no centro de educación secundaria no que solicitaron a reserva de praza para o vindeiro curso 2021/2022.

VISITA VIRTUAL AO CENTRO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Nestes novos tempos, quixemos poder abrirvos as nosas portas para que poidades visitar o noso centro. Desta volta, poderedes acceder ao noso centro de Educación Infantil no seguinte vídeo.

 

Agardamos por vós!

Distribuir contido


by Dr. Radut