Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2017

Este ano, adicámoslle o Día das Letras Galegas a Carlos Casares.Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941 na cidade de Ourense. Os seus pais eran Francisco Casares e Manuela Mouriño. Carlos foi o mediano de tres irmáns: o maior Meches e o pequeno Xavier.

Aos tres anos trasládase a Xinzo de Limia, e nesta vila próxima a Verín vai pasar a súa infancia. Outras localidades importantes foron Beiro (onde vivía un tío seu que era crego) e a aldea de Sabucedo (alí tiña outro tío médico). Este contacto coa tradición rural galega dará a Carlos moitísimos coñecementos que marcarán a súa traxectoria vital e literaria.

Tocoulle unha mala época para ser neno, eran os anos da fame da década dos 40 (despois da Guerra Civil Española); aínda así, gozaba coa construción de xoguetes de madeira e xogando ao fútbol no equipo de Xinzo, o Antela F.C.

O seu avó Herminio, foi o que lle espertou o gusto polos contos e as conversas de sobremesa.

Con só 11 anos, Carlos ingresa no Seminario de Ourense co fin de ter un mellor porvir "escapar do arado e da miseria campesiña". A súa nai e os seus familiares que estaban vinculados á igrexa, fixeron que Carlos se decantase polo Seminario; seu pai, sempre quixo que o rapaz estudase Medicina.

No Seminario (lugar no que só se falaba castelán) comeza os seus pinitos co galego; era o director e o único corresponsal do xornal El Averno. Todo baixo o amparo do seu mestre favorito, o profesor Agustín Madarnás.

Entre os anos 1957 e 1961, deixa o Seminario e decide estudar o Bacherelato por libre na Academia Santa Marina. Nesta época participa como locutor dun programa de raio "Orto y Grafo" e grazas a un amigo, consegue a chave da biblioteca municipal.

Gaña o "Concurso Provincial de Cuentos de Navidad", o que lle permite coñecer a importantes galeguistas, entre eles Vicente Risco, Don Ramón Otero Pedrayo, Uxío Novoneyra e nada máis chegar a Santiago tamén entra en contacto con Arcadio López Casanova.

 



blog | by Dr. Radut