Novas

AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: PASO Á SECUNDARIA

 

Estimadas familias e alumnado:

Informamosvos das actividades de final de curso para o alumnado de 6º de Educación Primaria que se van a desenvolver nos vindeiros días. Estas actividades están contempladas no Plan de Transición entre etapas educativas que forma parte do Proxecto Educativo do noso centro e teñen como obxectivo facilitar o paso dos nenos e nenas dende a Educación Primaria á Educación Secundaria.

Actividades:

Como consecuencia das características singulares deste curso 2020-2021 derivadas da pandemia do covid-19, o alumnado de 6º curso non pode realizar a tradicional visita ao instituto tal e como se viña realizando en cursos anteriores.

Coñecedores da importancia que para os rapaces/as ten o feito de coñecer as instalacións e o funcionamento do novo centro, así como os cambios a nivel curricular que se producen en 1º da ESO, deseñamos as seguintes actividades en colaboración co departamento de orientación do IES Plurilingüe de Ames:

 

1- Presentación da información proporcionada polo departamento de Orientación do IES de Ames.

Esta guía rápida explicarásevos aos alumnos/as en cada una das titorías de 6º. Tamén a poderedes atopar na páxina web do noso centro (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/) e na aula virtual.

 

2- Visita ao IES de Ames o día 17 de xuño.

Por mor da imposibilidade de visitar o IES en horario lectivo debido ás restriccións do protocolo covid, solicitamos a colaboración das familias para poder realizar esta visita fóra do horario escolar do seguinte xeito:

  • A visita terá carácter VOLUNTARIO.
  • Será responsabilidade das familias o traslado do alumnado ata o instituto e a recollida unha vez finalizada a visita, seguindo o horario de visita establecido para cada curso.
  • Unha vez que o alumnado chegue ao IES no horario previsto, será acompañado para realizar a visita polo seu profesorado titor e polas orientadoras do colexio e do instituto.

 

Horario de visitas para o día 17 establecido para cada curso (prégase puntualidade):

6ºA: de 16:30 a 17:00 horas

6ºB: de 17:15 a 17:45 horas

6ºC: de 18:00 a 18:30 horas

Finalmente, recordamos ao alumnado e ás familias que os sobres de matrícula para 1º da ESO atópanse no noso centro (CEIP A MAIA), polo que non teñen que solicitalos ao IES, na vindeira semana serán repartidos ao alumnado.

 

Agradecemos a vosa colaboración

Departamento de Orientación do CEIP A Maía

 

Devolución dos libros de texto de 3º e 4º do curso 2020/21

Para garantir o cumprimento do protocolo sanitario no centro establécense os días 23, 25 e 28 de xuño para a devolución dos libros de texto pertencentes ao fondo de libros para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2021/22.

O prazo máximo para devolvelos será o 28 de xuño 2021, non se admitirán devolucións despois dese día e marcarase na aplicación como non devoltos. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22.

O horario establecido polo centro para a devolución  é o seguinte:

 

Mércores 23 de xuño

Venres 25 de xuño

Luns 28 de xuño

Mañá

De 9:00h a 13:30h

De 9:00h a 13:30h

De 9:00h a 13:30h

Tarde

De 16:30h a 18:30h.

Non hai recollida

De 16:30h a 18:30h.

 

CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN

  •   Os libros deben ser devoltos en bo estado, forrados, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).
  •  O ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso
  • A devolución faise  só no espazo habilitado para devolución, sigan os carteis coas indicacións.
  • Manteñan en todo momento a distancia de seguridade, garden fila e cumpran coas medidas de hixiene e desinfección.
  • Si os representantes legais do alumnado así o  desexan e o solicitan, recibirán posteriormente un documento de «recollida» dos libros de texto efectivamente devoltos, para iso deberán deixar un correo electrónico para que se lle poida enviar.

As familias que libremente queiran doar os libros de texto de 3º ou 4º, adquiridos con fondos propios, para incorporar ao fondo solidario de libros do centro, poderán facelo nas mesmas datas e coas mesmas condicións de devolución.

Charla informativa para nais, pais, familias

 

 

Estimadas nais, pais, familias,

Queremos convidarvos a unha charla informativa sobre unha cuestión que cremos que é de interese para todas e todos nós: menores e redes sociais

Existen innumerables investigacións que abalan a natureza  multi- causal do fenómeno das adiccións sen  substancias, a facilidade de acceso a diversas Apps, a ampla oferta de videoxogos, a publicidade intensa nos medios e espazos deportivos, as agresivas estratexias de márketing das apostas deportivas e de xogos en liña (principalmente dedicadas aos máis novos) contribuíron a un aumento no número de persoas con problemas de adicción ao xogo e a un cambio do perfís dos xogadores, especialmente en liña.

No CEIP A MAÍA, nos últimos cursos, realizamos obradoiros de prevención de adiccións, entre as que se inclúen as adicións ás redes sociais, vídeo xogos, etc., impartidos pola psicóloga Belén Montesa Lou e o seu equipo, todo en colaboración co Concello de Ames. Esta charla informativa dirixida aos adultos e impartida polos psicólogos Belén Montesa e Juan Carlos Permuy  é o complemento perfecto para os obradoiros xa realizados co alumnado de 4º, 5º e 6º  e para que teñades información e pautas de actuación de primeira man.

A charla será por video conferencia, a través da aplicación Cisco Webex, e non é necesario que a descarguedes, só tedes que copiar o seguinte enlace e pegalo na barra do voso navegador, para acceder á sala da reunión https://eduxunta.webex.com/meet/isabelabelleira

Gustaríanos que, a través do correo do centro, nos fagades chegar as vosas dúbidas e inquedanzas sobre a temática da charla, para nós poderllas trasladar aos psicólogos; así Belén e Juan Carlos intentarán darlle resposta durante a charla.

 O correo ao que debedes facer chegar as vosas consultas é ceip.a.maia@edu.xunta.gal. O prazo para envío de correos é até o luns 7 de xuño de 2021.

Por favor, debedes poñer no asunto do correo "Charla menores".

 

 

 

 

 

 

 

RESOLUCIÓN DEFINiTIVA ADMISIÓN

Todas as solicitudes presentadas en prazo, resultaron definitivamente admitidas.

As solicitudes presentadas fóra de prazo terán que esperar á resolución da comisión de escolarización.

 

O prazo de formalización de matrícula ábrese do 20 ao 30 de xuño.

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021/22

Todas as solicitudes presentadas en prazo, resultaron admitidas.

As solicitudes presentadas fóra de prazo terán que esperar á resolución da comisión de escolarización.

 

 

 

COÑECE O NOSO CENTRO

Ante a imposibilidade de organizar visitas presenciais polo centro, deixámosvos aquí un pequeno vídeo que sintetiza o traballo que día a día fan os mestres e mestras de educación infantil nas aulas co noso alumnado.

INFORMACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO

Información sobre o proceso de admisión para o vinseiro curso 2021/22

Anexo para admisión

PREINSCRICIÓN E RENOVACIÓN DOS SERVIZOS DE COMEDOR E DE BOS DÍAS COLE! E TARDES DIVERTIDAS

 

Servizos dependentes do Concello de Ames

 

Información importante para a preinscrición ou renovación dos servizos de comedor escolar, Bos días cole! e Tardes divertidas para o curso 2021/22

 

Resultado do sorteo público das letras para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para 2021/22

As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "W" e "S"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "B" e "F".

Día internacional da muller e a nena na ciencia

Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

O Concello de Ames uniuse a esta conmemoración realizando un vídeo protagonizado por  veciñas de Ames co obxectivo de  visibilizar ás mulleres neste campo. As Concellerías de Promoción Económica e de Igualdade foron as responsables desta iniciativa que, producida pola empresa Mirabelle Produccións.

Deste xeito, faise pública a labor que, tanto rapazas como adultas, realizan no sector da ciencia. O vídeo recolle o traballo que fan nenas como Laura Montaña e Rosana Fernández do IES Ames; Clara González e Antía Somoza, xunto coa súa profesora Mónica Parente, no IES do Milladoiro; Martina Rey Pérez, Aixa Tarrio Mato, Enma Martinez Carrillo e Adriana Trenco Varela, alumnas do CEIP de Barouta. Ademais, neste traballo audiovisual tamén aparecen Sara Zendón e Elena Ventoso, do CEP Plurilingüe de Ventín; Aldara Domínguez e Candela Penedo do CEIP A Maía, e Zoe Glasscock e Julia Abelleira do CEIP Agro do Muíño.

Parabéns a todas as que poñen voz e opinión a este vídeo, especialmente ás alumnas de 4º de educación primaria deste centro, Aldara e Candela.

 

 

Distribuir contido