Charla informativa para nais, pais, familias

 

 

Estimadas nais, pais, familias,

Queremos convidarvos a unha charla informativa sobre unha cuestión que cremos que é de interese para todas e todos nós: menores e redes sociais

Existen innumerables investigacións que abalan a natureza  multi- causal do fenómeno das adiccións sen  substancias, a facilidade de acceso a diversas Apps, a ampla oferta de videoxogos, a publicidade intensa nos medios e espazos deportivos, as agresivas estratexias de márketing das apostas deportivas e de xogos en liña (principalmente dedicadas aos máis novos) contribuíron a un aumento no número de persoas con problemas de adicción ao xogo e a un cambio do perfís dos xogadores, especialmente en liña.

No CEIP A MAÍA, nos últimos cursos, realizamos obradoiros de prevención de adiccións, entre as que se inclúen as adicións ás redes sociais, vídeo xogos, etc., impartidos pola psicóloga Belén Montesa Lou e o seu equipo, todo en colaboración co Concello de Ames. Esta charla informativa dirixida aos adultos e impartida polos psicólogos Belén Montesa e Juan Carlos Permuy  é o complemento perfecto para os obradoiros xa realizados co alumnado de 4º, 5º e 6º  e para que teñades información e pautas de actuación de primeira man.

A charla será por video conferencia, a través da aplicación Cisco Webex, e non é necesario que a descarguedes, só tedes que copiar o seguinte enlace e pegalo na barra do voso navegador, para acceder á sala da reunión https://eduxunta.webex.com/meet/isabelabelleira

Gustaríanos que, a través do correo do centro, nos fagades chegar as vosas dúbidas e inquedanzas sobre a temática da charla, para nós poderllas trasladar aos psicólogos; así Belén e Juan Carlos intentarán darlle resposta durante a charla.

 O correo ao que debedes facer chegar as vosas consultas é ceip.a.maia@edu.xunta.gal. O prazo para envío de correos é até o luns 7 de xuño de 2021.

Por favor, debedes poñer no asunto do correo "Charla menores".

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Menores e redes sociais_AMAIA.JPG35.62 KB