NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS E ALUMNADO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias de 3º de Educación Primaria:

Ante todo, desexar que vos atopedes ben de saúde e de ánimo. A continuación, informamos das instrucións a seguir no 3º trimestre, tal e como se recolle na publicación da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, publicadas o 28 de abril de 2020 (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30936)

Ao igual que viñamos facendo ata agora, a canle de comunicación entre profesorado-familia, seguirá sendo o correo corporativo da Xunta e os servizos dixitais educativos da Consellería (plataformas Abalar, Agueiro, Webex…) para levar a cabo o traballo non presencial durante a crise sanitaria do COVID-19 e para calquera outra consulta.

 Tal e como se recolle no apartado 6.2. das instrucións publicadas para o 3º trimestre, as tarefas serán de recuperación, repaso, reforzo e ampliación das aprendizaxes anteriores, levadas a cabo no 1º e 2º trimestre do curso 2019/2020. Polo tanto, non se van impartir novos contidos nas vindeiras semanas ata o remate de curso.

 Así mesmo, ao longo deste trimestre, levaranse a cabo plans de recuperación de aprendizaxes e competencias imprescindibles para aquel alumnado que non acadou os contidos mínimos das avaliacións anteriores. Estes plans de recuperación serán deseñados polas propias titoras en base aos contidos traballados na aula e que garantirán o cumprimento dos obxectivos mínimos de 3º de Primaria. Ditos plans consistirán en tarefas de reforzo, que realizará o propio alumnado e que será posteriormente corrixido telemáticamente polo profesorado e tido en conta para unha avaliación positiva do curso.

No tocante ás actividades, serán programadas semanalmente, tratando de darlle un enfoque lúdico e creativo para motivar ao alumnado. Motivo polo que, determinadas tarefas, serán remitidas ás titoras por correo electrónico para a súa revisión e outras serán autocorrixidas polo propio alumnado seguindo o solucionario que lles proporcionaremos como ata agora. A finalidade será que o alumnado adquira autonomía no seu propio proceso de ensino-aprendizaxe, así como as competencias clave da etapa. Co obxectivo de facilitar a realización das tarefas, propoñerase un horario orientativo, para evitar a sobrecarga de traballo académico e garantir tempos en familia, de lecer e de descanso.

Dende o Departamento de Orientación estanse deseñando plans específicos para alumnado NEAE, que serán remitidos ao propio alumnado a través do correo electrónico. Estes plans teñen como finalidade solventar as dificultades xeneradas por esta situación. Ademais, na web do centro (www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia), poderedes atopar outros recursos complementarios.

Para poder desenvolver estas medidas será necesario que as familias manteñan unha comunicación fluida co profesorado a través das canles propostas pola propia Consellería. Recordamos que o centro pon a disposición o préstamo de equipos informáticos para quen o precise, solicitándoo no seguinte correo: ceip.a.maia@edu.xunta.gal

Cumprindo coas nosas obrigas, entre elas a función titorial de atención ás familias, seguiremos realizando as titorías os luns a partir das 16:30, previa cita a través de correo electrónico. Estas faranse a través de Webex.

Por último, para facilitar a comunicación entre profesorado e familia, coa finalidade de consultas ou dúbidas na realización de tarefas, facilitamos os seguintes correos.

 

 

Aida Ramos Trigo (Titora 3º A)

 

aida.ramos@edu.xunta.gal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estefanía Pena Bascoy (Titora 3ºB)

 

estefaniapenabascoy@edu.xunta.gal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Natalia Agrafojo Padín (Titora 3º C)

 

natalia.agrafojo@edu.xunta.gal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Lidia Brenlla López (Inglés)

 

lidiabrenlla@edu.xunta.gal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mercedes Blanco Álvarez (Música)

 

mercedes.blanco@edu.xunta.gal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Jesús García Vázquez (Educación Física)

 

jesusgarciavazquez@edu.xunta.gal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Raquel Suárez Noya (Relixión)

 

rsnoya@edu.xunta.gal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Concepción Merayo Buján (Orientadora)

 

conchymerayo@edu.xunta.gal

 

 

 

 

 

 

 

 

María Jesús Picher Núñez (PT)

 

mpicher@edu.xunta.gal

 

 

 

 

 

 

 

Maite Pérez González (AL)

 

ma.teresaperez@edu.xunta.gal

 

 

 

 

 

 

Estela López Varela (AL)

 

estelalopezvarela@edu.xunta.gal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sen máis, agradecer a colaboración e o gran esforzo que as familias estades realizando nesta situación tan excepcional que estamos a vivir.

 

 Saúdos.

Titoría de 3º.