blogue deA Maía

Actuacións de Nadal dos alumnos de 2º

Os alumnos e as alumnas de 2º cantan e bailan polo Nadal nesta actuación na Biblioteca para os seus compañeiros.

Os de 1º cantan e bailan polo Nadal

Actuacións dos alumnos de primeiro para os seus compañeiros.

 

BOAS FESTAS E FELIZ 2019

Queremos desexarvos unhas boas festas con esta postal feita entre todos, tal e como entendemos que debe ser a nosa labor desde o centro, sempre en colaboración escola e  familias; valorando o que cada membro desta comunidade educativa nos aporta e aportamos.

Esperamos tamén que o novo ano 2019 veña cheo de ventos ventiños con chios de paxariños.

 Panxoliñas do Advento

1

Este ar non ten asubío.

Tampouco ten aloumiño:

só un vento cheo de frío

que se pousa no camiño.

 

Está a chegar o Nadal:

o seu vento milagreiro

ten de cantar no Portal

e de acender o luceiro.

2

Na follaxe dun carballo

naceu un vento ventiño:

ten sinxeleza de orballo

e chíos de paxariño ... !

 

Nas claridades do día

brilla o gozo do mencer.

Anda moi leda María

porque Xesús vai nacer!

 

                                                               Manuel María*

* O texto é unha panxoliña das que Manuel María escribiu fundamentalmente nos anos cincuenta e comezos dos sesenta e que utilizaba frecuentemente para felicitar as festas do Nadal ás súas amizades.

 

Neste vídeo, ademais,  podedes ver todas as postais que forman parte da conxunta do centro,  e esperamos que vos guste a música que as acompaña, xa que  forma parte dos típicos cantos de nadal, xaneiras, manueles, aguinaldos, etc da nosa cultura, interpretada polo grupo Malvela.

 

BLOGS DO COMEDOR, "BOS DÍAS COLE" E "TARDES DIVERTIDAS"

O Concello de Ames pon a disposición das familias un blog como ferramenta de comunicación, a través da cal, poderán estar informados das novidades que ocorren en ditos servizos.

Son os seguintes:

COMEDOR: https://comedormaia.blogspot.com

BOS DÍAS: https://bosdiasmaia.blogspot.com

TARDES DIVERTIDAS: http://agoraaberta.es/tardesdivertidas

SAÍDA AO PUNTO LIMPO: INFANTIL 4 ANOS

    A semana pasada os alumnos de 4 anos fixeron unha saída ó Punto limpo do Concello no polígono do Milladoiro. Alí recibeunos Patricia, a encargada na área de medio ambiente do Concello e o encargado do Punto Limpo. Explicáronlles o que teñen que facer para levar obxectos e materiais alí e a importancia de coidar os nosos bosques e mares para non contaminalos. VER MÁIS PREMENDO AQUÍ.

Mercado solidario “Troca un xoguete por un libro”

 

 

   A idea é que o alumnado traia un xoguete usado pero en boas condicións e levará a cambio un libro en galego, usado pero en boas condicións, dos fondos da biblioteca do centro e das aulas. Os xoguetes repartiranse entre a oficina de Voluntariado de Ames e Cáritas de Bertamiráns, ca idea de que as nenas e nenos das familias máis desfavorecidas tamén poidan ter un agasallo de Nadal e, ao mesmo tempo, fomentar entre o noso alumnado o gusto pola lectura e facelos partícipes da importancia de compartir e de ser solidarios.

A organización para este troco será do seguinte xeito:

a.- En Educación Infantil: As titoras e titores xestionarán directamente o troco. O alumnado entregará o xoguete ao seu titor/a na aula e a mestra/e entregaranlles a cambio un libro.

b.- En Educación Primaria: Farase na entrada principal do centro de primaria, dentro,  ao lado das escaleiras centrais. Durante o recreo o alumnado pasará polo posto de troco, que estará atendido por profesorado do centro pertencente ao equipo de dinamización da lingua galega.

  Animádevos a colaborar aportando xoguetes  durante os días 18, 19, e 20  de decembro.

 

Charla o vindeiro luns 17 de decembro, ás 18:00 h., na Biblioteca do centro.

 Enmarcada  nas  actuacións  do Plan Director para a Convivencia e a  Mellora da  Seguridade nos Centros Educativos e os  seus contornos,  proxecto que posibilita que especialistas das  Forzas e  Corpos de  Seguridade  do Estado  poidan  dirixirse  á  comunidade educativa para informar sobre os recursos  policiais e fomentar que alumnado, profesorado e  pais e  nais  coñezan de  primeira  man ou  seus  dereitos e deberes, para  desta  maneira tratar de  mellorar a convivencia de todos e todas. O programa, que se  desenvolve en colaboración  coa Xunta de Galicia, responde a  unha das  principais  liñas de actuación  do  Goberno e  da súa  Delegación, como  é ou impulso da educación en valores e a importancia da prevención e información como elementos  fundamentais para a  mellora da  sociedade.

   A  proposta  inclúe aspectos tan relevantes como o acoso escolar, os riscos asociados  ao uso das redes  sociais; e ao  consumo de estupefacientes e  alcol; a violencia nos centros educativos, os abusos e  agresións   sexuais  e a violencia  sobre a  mullermalos tratos no ámbito familiar; comportamentos racistas e   xenófobos   e  a discriminación  por razón   de sexo  ou raza, entre  outros.

 

CANDIDATAS ELEXIDAS PARA FORMAR PARTE DE CONSELLO ESCOLAR

Os membros da XUNTA ELECTORAL encargada da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar proceden  á proclamación das candidatas elixidas nas votacións de representantes de nais e pais ao consello escolar do centro:

Dª Elena Pérez Pereira, que obtivo 25 votos.

Dª  Montserrat Capelo Sande, que obtivo 22 votos.

Dª Silvia López Ben, que obtivo 15 votos.

 

 

De acordo co  artigo 51 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, contra a presente proclamación de candidatos elixidos poderase presentar por un prazo de 15 días reclamación perante a Xefatura Territorial  da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A resolución desta poñerá fin á vía administrativa.

 

Bertamiráns, 27 de novembro de 2018

 

 

3º visita as exposicións dos dereitos e contra a violencia de xénero

  Os alumnos e alumnas de 3º visitaron as exposicións feitas no colexio sobre os dereitos dos nenos e as nenas e contra a violencia de xénero onde estaban os carteis realizados polos seus compañeiros de 6º.

20 de Novembro: día dos dereitos dos nenos

O pasado 20 foi o Día dos dereitos dos Nenos e para conmemoralo o Equipo de Convivencia do centro xunto co Equipo de Dinamización da Biblioteca prepararon unha serie de actividades e montaron un recanto no segundo andar polo que foron pasando os alumnos. Espuxéronse libros sobre o tema dos fondos da Biblioteca.

  Con esta actividade, a exposición dos zapatos e os carteis sobre a violencia de xénero, máis a porta violeta de Rozalén que fixeron os de relixión, os alumnos do centro reflexionaron ao longo da semana sobre dereitos, violencia, igualdade e xustiza social.

Distribuir contido