Mercado solidario “Troca un xoguete por un libro”

 

 

   A idea é que o alumnado traia un xoguete usado pero en boas condicións e levará a cambio un libro en galego, usado pero en boas condicións, dos fondos da biblioteca do centro e das aulas. Os xoguetes repartiranse entre a oficina de Voluntariado de Ames e Cáritas de Bertamiráns, ca idea de que as nenas e nenos das familias máis desfavorecidas tamén poidan ter un agasallo de Nadal e, ao mesmo tempo, fomentar entre o noso alumnado o gusto pola lectura e facelos partícipes da importancia de compartir e de ser solidarios.

A organización para este troco será do seguinte xeito:

a.- En Educación Infantil: As titoras e titores xestionarán directamente o troco. O alumnado entregará o xoguete ao seu titor/a na aula e a mestra/e entregaranlles a cambio un libro.

b.- En Educación Primaria: Farase na entrada principal do centro de primaria, dentro,  ao lado das escaleiras centrais. Durante o recreo o alumnado pasará polo posto de troco, que estará atendido por profesorado do centro pertencente ao equipo de dinamización da lingua galega.

  Animádevos a colaborar aportando xoguetes  durante os días 18, 19, e 20  de decembro.